Guia docente 2016_17
Facultade de Ciencias do Mar
Grao en Ciencias do Mar
 Materias
  Bioquímica
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Sesión maxistral
Asistencia non avaliable
0
Resolución de problemas e/ou exercicios Ao finalizar a exposición teórica de cada tema ou grupo de temas relacionados, os alumnos resolverán de forma individual os problemas ou exercicios propostos polo profesor. 10 A1
A2
A3
A4
A5
C6
D1
Seminarios Na realización dos seminarios valórase a capacidade para relacionar e aplicar os conceptos adquiridos, para identificar e entender problemas, a utilización apropiada da terminoloxía bioquímica, a súa capacidade para transmitir a información.
Como competencias transversais valóranse a iniciativa, a capacidade de aprendizaxe autónoma, o traballo en equipo, a capacidade de organización, a capacidade crítica e a habilidade na procura de información e manexo do computador.
20 A1
A2
A3
A4
A5
C1
C2
C6
C18
C26
C28
D1
D8
Prácticas de laboratorio Ao finalizar as prácticas realizarase un exame ou se entregará un informe para valorar o coñecemento e manexo das técnicas instrumentais utilizadas, a aplicación dos coñecementos teóricos á práctica, a capacidade de análise, procesamento e interpretación dos resultados obtidos. 20 A1
A2
A3
A4
A5
C1
C4
C5
C12
C13
C15
C16
C17
C18
C26
D1
D8
Probas de tipo test Valora de forma xeral os coñecementos adquiridos do programa da materia. 30 A1
A2
A5
C1
C2
Probas de resposta curta Valora os coñecementos adquiridos, a capacidade para relacionalos e a utilización adecuada dos conceptos e da terminoloxía bioquímica. 20 A1
A2
A3
A4
A5
C1
C2
C18
D1
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumno deberá cumprimentar a sua ficha na plataforma FAITIC, achegando fotografía na que sexa reconocible. Este requisito é imprescindible para a realización das prácticas, os seminarios e as distintas probas.


Aconséllase aos alumnos que utilicen unha dirección de e-mail da Universidade de Vigo cando se dirixan ao profesor por esta vía e que o fagan sempre coa debida identificación (nome e apelidos, curso e titulación) e indicando o asunto.

Aconséllase a asistencia ás clases maxistrais. 

Seminarios: a realización dos seminarios é obrigatoria para a superación da materia. A nota media dos seminarios deberá ser igual ou maior que 5 (sobre 10) para que sexa tida en conta na nota final.

Prácticas: a realización das prácticas e do exame e/ou informe das mesmas son obrigatorios para a superación da materia. A nota das prácticas deberá ser igual ou maior que 5 (sobre 10) para que sexa tida en conta na nota final.

Realizarase unha proba de test e resposta curta correspondente á parte de Bioquímica Estrutural (Temas 1-6) unha vez finalizada esta materia. Esta proba será optativa e eliminatoria. Para a súa superación a nota deberá ser igual ou maior que 5 (sobre 10). Os alumnos que non a realicen ou que a suspendan terán que examinarse de toda a materia no exame final. 

O exame final consistirá nunha proba de test e resposta curta de todos os temas impartidos nas clases maxistrais e seminarios. Os alumnos que superasen a proba correspondente aos temas de Bioquímica Estrutural, non terán que realizar o exame desa parte e terán como nota final do exame a correspondente á media obtida nas 2 probas.

Ao alumno que teña que presentarse á avaliación de xullo por non superar próbalas tipo test e de resposta curta, conservaráselle a nota das probas superadas durante o curso.


Requírese do alumnado que curse esta materia unha conduta responsable e honesta. Considérase inadmisible calquera forma de fraude (i.e. copia e/ou plaxio) encamiñado a falsear o nivel de coñecemento ou destreza alcanzado por un/a alumno/a en calquera tipo de proba, informe ou traballo deseñado con este propósito. Esta conduta fraudulenta será sancionada coa firmeza e rigor que establece a normativa vixente.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000