Guia docente 2016_17
Facultade de Ciencias do Mar
Grao en Ciencias do Mar
 Materias
  Zooloxía mariña
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio Valorarase a asistencia e aproveitamento do traballo feito polos estudantes durante a realización das prácticas no laboratorio (1 punto)

Examen de prácticas no laboratorio ó rematar o curso (1,5 puntos)

Para que esta metodoloxía poda ser sumada as outras metodoloxías, o/a estudante terá que ter alomenos 1 punto.
25 A2
A5
C1
C17
C18
D1
D3
D11
D15
Seminarios Valorarase a asistencia e aproveitamento as dúas sesións de seminarios e as exposicións realizadas polos estudantes e a súa participación no debate posterior. 5 A2
A3
A4
A5
C1
C4
C5
C6
C17
C18
D3
D8
D11
D15
Traballos tutelados Avaliarase a capacidade de traballar en equipo de forma autónoma no laboratorio (1 punto). Tamén se avaliara a redacción dos resultados obtidos no laboratorio nun documento escrito (1 punto).
Para que a puntuación nesta metodoloxía poda ser sumada as outras metodoloxías, o/a estudante terá que ter alomenos 0,8 puntos.
20 C1
C4
C5
C6
C17
C18
D1
D2
D3
D8
D11
D15
D16
Sesión maxistral Realizaranse 4 probas curtas tipo test (10 minutos), repartidas ó longo do curso. Estas probas curtas non liberan materia. Cada unha delas valdrá 0,5 puntos (2 puntos en total)
Unha proba escrita de respostas tipo test e curtas a realizar ó rematar o curso (3 puntos)
Ambos resultados sumaranse; parar que a puntuación de esta metodoloxía poda ser sumada as outras metodoloxías, o/a estudante terá que ter alomenos 2 puntos.
50 A5
C1
C2
C18
D1
D3
D11
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A cualificación final da materia será a suma da nota obtida en cada unha das metodoloxías propostas, sempre e cando a cualificación de cada unha delas sexa superior ó 40% da nota.

Na convocatoria de xullo o estudante deberá presentarse solamente a aquelas metodoloxías non superadas.

Considerarase a cualificación de NON PRESENTADO ó alumnado que non se presente nin o examen final de teoría nin ó de prácticas.

Dun curso para o seguinte conservaranse as cualificacións dos seminarios e os traballos tutelados. 

Requírese do alumnado que curse esta materia unha conduta responsable e honesta.

Considérase inadmisible calquera forma de fraude (i.e. copia e/ou plaxio) encamiñado a falsear o nivel de coñecemento ou destreza alcanzado por un/a alumno/a en calquera tipo de proba, informe ou traballo deseñado con este propósito. Esta conduta fraudulenta será sancionada coa firmeza e rigor que establece a normativa vixente.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000