Guia docente 2018_19
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Programación II
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Clases que combinarán a exposición dos conceptos tratados na materia coa realización de pequenos exercicios. O docente ou o propio alumnado resolveraos individualmente ou en grupo. O obxectivo é fomentar o debate na clase e reforzar a adquisición de destrezas.
Esta metodoloxía está orientada á adquisición das competencias CE50, CE51 e CE53.
Resolución de problemas No laboratorio o profesor amosará anacos de código Java para axudar ao alumnado a entender mellor os principais conceptos da POO.
Esta metodoloxía está orientada á adquisición das competencias CE50, CE51 and CE53.
Resolución de problemas de forma autónoma O alumnado resolverá de forma autónoma as prácticas que o profesor propoña no laboratorio. As solucións e as dúbidas que xurdan abordando estes problemas serán discutidas para identificar os erros máis comunmente cometidos.
Esta metodoloxía está orientada á adquisición das competencias CE50, CE51, CE53, CG6 e CG14.
Estudo de casos O profesor supervisará e guiará ós alumnos durante o deseño dos diagramas UML, coa intención de identificar os erros máis comúns nesta fase do proxecto.
Esta metodoloxía está orientada á adquisición das competencias CE51 e CE52.
Aprendizaxe baseado en proxectos Os alumnos implementarán o sistema software proposto polo profesor. Disporán para isto da segunda parte do curso, combinando traballo presencial no laboratorio supervisado polo profesor con traballo non presencial.
Esta metodoloxía está orientada á adquisición das competencias CE50, CE53, CG6 e CG14.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000