Guia docente 2018_19
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Programación II
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Aprendizaxe baseado en proxectos O proxecto consiste no deseño final (diagramas UML), o código Java e a documentación correspondente. O código necesariamente ten que compilar e poder ser executado nos ordenadores do laboratorio.
Este proxecto pode ser levado a cabo individualmente ou en grupos de dúas persoas, segundo o mecanismo de avaliación elixido por cada estudante. O profesor entrevistará ao alumnado para asegurar a autoría do código entregado e para executar diferente probas de funcionalidade. No caso de grupos, os dous membros teñen que asistir á entrevista. O estudantado contestará as preguntas do profesor individualmente para corroborar así o seu nivel de entendemento e de implicación durante o desenvolvemento do proxecto. Cada estudante ten que identificar a parte do proxecto software que implementou. Os estudantes que, a xuízo do profesor, non consigan demostrar a autoría do código suspenderán a materia na primeira oportunidade. Noutro caso, a nota de cada alumno dependerá de (i) as súas respostas durante a entrevista, (ii) a cantidade de probas de funcionalidade superadas, e (iii) a calidade do código Java no tocante á adopción das técnicas da POO.
35 B6
B14
C50
C53
Estudo de casos Os estudantes deseñarán un proxecto software utilizando a linguaxe UML, incluindo diferentes tipos de diagramas xunto coa documentación corresponden. O deseño UML pode desenvolverse individualmente ou en grupos de dous alumnos segundo o mecanismo de avaliación elexido. No caso de grupos, a nota de cada membro da parella dependerá da calidade dos diagramas UML propostos como solución. 5 C51
C52
Resolución de problemas Cada estudante realizará, individualmente e sen material de apoio, un exame na data oficial aprobada pola Xunta de Escola. Este exame combinará problemas, cuestións de resposta curta, elección múltiple e probas de verdadeiro/falso, orientadas a avaliar o nivel de entendemento dos estudantes en relación aos conceptos teóricos expostos nas sesións teóricas da materia. 50 C50
C51
C53
Práctica de laboratorio Esta proba consiste nun conxunto de prácticas de iniciación Java que axudarán ós alumnos a familiarizarse cunha linguaxe de programación orientada a obxectos. O alumnado que siga a avaliación continua entregará estas prácticas. Serán desenvolvidas en grupos de dous alumnos e a súa nota individual dependerá dos seguintes factores: (i) as respostas de cada alumno ás cuestións propostas polo profesor nunha entrevista, e (ii) a calidade e o correcto funcionamento do código Java entregado. 10 C50
C51
C52
C53
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Existen dous mecanismos de avaliación: avaliación continua (AC) e avaliación única (AU), que elixirá o alumnado considerando as seguintes condicións:

  • A AC inclúe as 4 probas descritas na sección anterior deste documento (exame de teoría, prácticas de iniciación Java, deseño UML e implementación dun proxecto software).
  • Os alumnos que opten por AU deben implementar o proxecto software (publicado en faiTIC) individualmente.
  • Mediante a entrega do deseño UML do proxecto, os estudantes comprométense a ser avaliados mediante AC, renunciando así ao mecanismo de AU. En virtude do devandito compromiso, estes alumnos non poderán figurar como "Non presentados".
  • Os estudantes que non entreguen o deseño UML renuncian ao mecanismo de AC, sendo necesariamente avaliados mediante AU. Non será posible unirse á AC nas seguintes probas.
  • A planificación das diferentes probas de avaliación intermedia aprobarase nunha Comisión Académica de Grado (CAG) e estará dispoñible ao principio do cuadrimestre. 
  • As probas de AC só se levarán a cabo nas datas estipuladas polos profesores. Non poderán repetirse máis tarde. 
  • As notas de AC e doutros exames e proxectos prácticos non serán válidas máis aló do ano académico actual. 
  • En caso de detección de copia en calquera das probas (probas curtas, exames parciais ou exame final), a cualificación final será e SUSPENSO (0) e o feito comunicaráselle á dirección do Centro para os efectos oportunos. 

Procedemento de avaliación en primeira oportunidade para alumnos que opten por AC:

Parte teórica:  Exame
(50%). Exame individual sen ningún tipo de material de apoio. É a terceira
proba descrita na sección de avaliación. A nota deeste exame só poderá ser gardada para a segunda oportunidade en caso de obter 4.5 ou máis puntos (sobre 5).

Parte práctica. Inclúense as seguintes probas:

  • Prácticas de iniciación Java (10%). Desenvolveranse en grupos de 2 alumnos. É a cuarta proba descrita na sección de avaliación. 
  • Proxecto
    (40%). Desenvolverase en grupo de dous alumnos. O proxecto consta de dúas partes:
    • Deseño UML (5%). É a segunda proba descrita na sección
      de avaliación. 
    • Implementación Java (35%). É a primeira proba descrita na sección
      de avaliación, incluído o código Java, a documentación Javadoc correspondente e a entrevista de autoría co profesor. 

Para superar a materia mediante o mecanismo de AC os alumnos deben reunir os seguintes requisitos:
  • Conseguir polo menos 1/3 da nota máxima da parte teórica.
  • Conseguir polo menos 1/3 da nota máxima da implementación Java do proxecto da parte práctica.
  • Conseguir unha nota final (parte teórica + parte práctica) igual ou superior a 5 puntos (sobre 10).
  • Se a nota final é igual ou maior ca 5 pero o alumno non alcanza as notas mínimas mencionadas anteriormente,  a súa nota final será suspenso (4.5).

Procedemento de avaliación na primeira oportunidade para alumnos que opten por AU:

Parte teóricaExame
(50%). Exame individual sen ningún tipo de material de apoio. É a terceira
proba descrita na sección de avaliación. Os alumnos que obteñan en primeira oportunidade unha nota nesta parte de 4.5 puntos ou máis (sobre 5), poderán rescatar a súa cualificación sen necesidade de repetir o exame de teoría.

Parte prácticaProxecto
(50%). Debe desenvolverse individualmente. É a primeira proba descrita no apartado de avaliación, incluindo o deseño UML, o código Java e a correspondente documentación Javadoc, así como a entrevista de autoría co profesor. 

Para superar a materia mediante o mecanismo de AU os alumnos deben reunir os seguintes requisitos:
  • Conseguir polo menos 1/3 da nota máxima da parte teórica.
  • Conseguir polo menos 1/3 da nota máxima da parte práctica.
  • Conseguir unha nota final (parte teórica + parte práctica) igual ou superior a 5 puntos (sobre 10).
  • Se a nota final é igual ou maior ca 5 pero o alumno non alcanza as notas mínimas mencionadas anteriormente,  a súa nota final será suspenso (4.5).

Procedemento de avaliación na segunda oportunidade:

Parte teóricaExame
(50%). Exame individual sen ningún tipo de material de apoio. É a terceira
proba descrita na sección de avaliación. A nota de este exame non se gardará nunca.

Parte práctica: Proxecto
(50%). Na avaliación desta parte téñense en conta tres posibles escenarios, segundo o mecanismo de avaliación elixido polo alumno (AC ou AU) e das notas obtidas na parte práctica durante a primera oportunidade. En todos os escenarios, cómpre salientar que os alumnos que optasen por AU na primeira oportunidade deberán realizar o proxecto de forma individual na segunda oportunidade. 

[Scenario
#1]
 A nota do proxecto pode gardarse para a segunda oportunidade. Aínda que os alumnos poden rescatar as notas obtidas na primeira oportunidade (só nos supostos descritos máis abaixo), teñen tamén a posibilidade de mellorar a súa calificación entregando unha versión do proxecto requirido na segunda oportunidade (cuxas especificacións publicaranse en faiTIC). Neste caso, os estudantes deberán proporcionar un documento no que se describan os cambios que fagan no deseño da primeira versión do proxecto para poder acomodar as novas funcionalidades esixidas. 

Este escenario aplícase a estudantes que optaron por AC na primeira oportunidade, sempre que a nota do seu proxecto sexa igual ou maior ca 1.5 (sobre 4 puntos) e a nota do deseño UML sexa igual ou maior ca 0.3 (sobre 0.5). No caso de que o alumno non rescate a súa nota da primeira oportunidade e opte por entregar as funcionalidades esixidas na segunda oportunidade, a implementación do proxecto avaliarase con ata 3.5 puntos (sobre 10) e o deseño UML con ata 0.5 puntos (sobre 10). A nota das prácticas de iniciación Java (ata 1 punto sobre 10) será a obtida na primeira oportunidade.

Este escenario tamén é válido para os alumnos que optasen por AU na primeira oportunidade, tendo obtido unha nota no proxecto igual ou superior a 2.5 puntos (sobre 5). No caso de optar por unha nova entrega na segunda oportunidade, o proxecto será avaliado con ata 5 puntos (sobre 10).

[Scenario
#2]
 Consérvanse as notas obtidas no deseño UML e nas prácticas de iniciación Java, pero é preciso entregar un novo proxecto na segunda oportunidade que será avaliado sobre 3.5 puntos.

Este escenario é válido para estudantes que opten por AC na primeira oportunidade e obteñan unha nota no proxecto igual ou maior ca 1 punto pero menor ca 1.5 puntos (sobre 4), e unha nota no deseño UML maior ca 0.3 puntos (sobre 0.5).

[Scenario
#3] 
Non é posible rescatar ningunha nota da primeira oportunidade. Neste caso o alumno deberá entrega un novo proxecto que será avaliado con ata 5 puntos (sobre 10).

Este escenario aplícase a estudantes que optaron por AC  na primeira oportunidade cunha nota no proxecto menor ca 1 punto (sobre 4) e cunha calificación no deseño UML menor ca 0.3 (sobre 0.5). 

Este escenario tamén é válido para estudantes que non entregaron o proxecto durante a primeira oportunidade, e para alumnos que non conseguiron superar a entrevista de autoría realizada co profesor.

Para superar a materia na segunda oportunidade os alumnos deben reunir os seguintes requisitos:
  • Conseguir polo menos 1/3 da nota máxima da parte teórica.
  • Conseguir polo menos 1/3 da nota máxima da parte práctica (3.5 puntos en AC e 5 puntos en AU).
  • Conseguir unha nota final (parte teórica + parte práctica) igual ou superior a 5 puntos (sobre 10).
  • Se a nota final é igual ou maior ca 5 pero o alumno non alcanza as notas mínimas mencionadas anteriormente,  a súa nota final será suspenso (4.5).

Procedemento de avaliación na convocatoria extraordinaria (fin de carreira):

Parte teóricaExame (50%). Exame individual sen ningún tipo de material de apoio. É a terceira proba descrita na sección de avaliación. A nota desta parte non poderá ser rescatada dun exame de teoría previo en ningún suposto.

Parte prácticaProxecto (50%). Deberá desenvolverse individualmente. É a primeira proba descrita no apartado de avaliación, na que se inclúen o deseño UML, o código Java e a correspondente documentación Javadoc, ademais da entrevista de autoría co profesor. 

Para superar a materia na convocatoria extraordinaria (fin de carreira) os alumnos deben reunir os seguintes requisitos:
  • Conseguir polo menos 1/3 da nota máxima da parte teórica.
  • Conseguir polo menos 1/3 da nota máxima da da parte práctica.
  • Conseguir unha nota final (parte teórica + parte práctica) igual ou superior a 5 puntos (sobre 10).
  • Se a nota final é igual ou maior ca 5 pero o alumno non alcanza as notas mínimas mencionadas anteriormente,  a súa nota final será suspenso (4.5).
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000