Guia docente 2018_19
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Transmisión electromagnética
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballos de aula Probas curtas (ver outros comentarios) 25 B4
B5
C8
C20
Resolución de problemas Probas na que o alumnado debe solucionar unha serie de problemas nun tempo e condicións establecidos polo profesorado, aplicando os coñecementos que adquiriu. 40 B3
B4
C9
C13
Exame de preguntas obxectivas Proba que inclúe preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta. Os alumnos seleccionan unha resposta entre un número limitado de posibilidades. 35 B3
C9
C13
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Seguindo
as directrices propias da titulación ofrecerase aos alumnos que cursen
esta materia dous sistemas de avaliación: avaliación continua e avaliación única ao final
do cuadrimestre.

Avaliación continua

A avaliación continua comprende
os tres bloques de tarefas que siguen:

  • Traballos de aula (25%): catro probas curtas realizadas en horario de prácticas.
  • Probas de tipo test (35%): dúas probas (25% + 10%).
  • Resolución de problemas (40%): dúas probas cun peso do 20% cada unha delas.

A planificación das diferentes probas de
avaliación intermedia aprobarase nunha Comisión Académica de Grao (CAG) e
estará dispoñible ao principio do cuadrimestre

Estas tarefas
non son recuperables, é dicir,
se un alumno non pode cumprilas no prazo estipulado o profesor non
ten obrigación de repetirllas e
serán válidas para o curso académico no que se realicen
.

Para superar a materia mediante
este sistema de avaliación é imprescindible obter 1/3 da cualificación
máxima de cada un dos tres bloques de tarefas e alcanzar polo menos o 50% na
cualificación final (suma dos tres bloques).

O estudante deberá decidir se
opta pola avaliación continua no momento da entrega da primeira proba
de resolución de problemas; nese caso recibirá a cualificación que lle
corresponda ao sumar o tres apartados, independentemente de que se presente
ao resto de probas ou non. Non presentarse a esta proba implica que se opta pola
avaliación única. Se non se supera o 1/3
mínimo requerido en algún dos bloques, a calificación oficial nunca será
superior a 4,5.

Avaliación única

Ademais do sistema de avaliación
continua descrito anteriormente, o alumno pode optar por realizar un único
exame final que terá tres partes:

  • Primeira parte: cuestionario sobre as prácticas de medidas (10%) e exercicio
    de procura de información (5%).
  • Segunda parte: proba de cuestións (35%).
  • Terceira parte: resolución de problemas (50%).

Segunda oportunidade

Consistirán nun exame final con tres
partes como as descritas no apartado de avaliación única.

Os estudantes que optaron polo
sistema de avaliación continua poderán conservar se o desexan a nota dos apartados (traballos
de aula, test ou problemas) nos que superasen o mínimo esixido e presentarse soamente aos
restantes. Neste caso mantense a mesma ponderación indicada no apartado
de avaluación continua.

Convocatoria
extraordinaria (fin de carreira)

Aplicarase o sistema descrito no apartado de avaliación única.


Para superar a materia é
necesario obter en calquera dos sistemas de avaliación e convocatorias,
polo menos, un 50% na cualificación total.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000