Seguindo
as directrices propias da titulación ofrecerase aos alumnos que cursen
esta materia dous sistemas de avaliación: avaliación continua e avaliación única ao final
do cuadrimestre. Avaliación continua A avaliación continua comprende
os tres bloques de tarefas que siguen: - Traballos de aula (25%): catro probas curtas realizadas en horario de prácticas.
- Probas de tipo test (35%): dúas probas (25% + 10%).
- Resolución de problemas (40%): dúas probas cun peso do 20% cada unha delas.
A planificación das diferentes probas de
avaliación intermedia aprobarase nunha Comisión Académica de Grao (CAG) e
estará dispoñible ao principio do cuadrimestre Estas tarefas
non son recuperables, é dicir,
se un alumno non pode cumprilas no prazo estipulado o profesor non
ten obrigación de repetirllas e só
serán válidas para o curso académico no que se realicen. Para superar a materia mediante
este sistema de avaliación é imprescindible obter 1/3 da cualificación
máxima de cada un dos tres bloques de tarefas e alcanzar polo menos o 50% na
cualificación final (suma dos tres bloques). O estudante deberá decidir se
opta pola avaliación continua no momento da entrega da primeira proba
de resolución de problemas; nese caso recibirá a cualificación que lle
corresponda ao sumar o tres apartados, independentemente de que se presente
ao resto de probas ou non. Non presentarse a esta proba implica que se opta pola
avaliación única. Se non se supera o 1/3
mínimo requerido en algún dos bloques, a calificación oficial nunca será
superior a 4,5. Avaliación única Ademais do sistema de avaliación
continua descrito anteriormente, o alumno pode optar por realizar un único
exame final que terá tres partes: - Primeira parte: cuestionario sobre as prácticas de medidas (10%) e exercicio
de procura de información (5%). - Segunda parte: proba de cuestións (35%).
- Terceira parte: resolución de problemas (50%).
Segunda oportunidade Consistirán nun exame final con tres
partes como as descritas no apartado de avaliación única. Os estudantes que optaron polo
sistema de avaliación continua poderán conservar se o desexan a nota dos apartados (traballos
de aula, test ou problemas) nos que superasen o mínimo esixido e presentarse soamente aos
restantes. Neste caso mantense a mesma ponderación indicada no apartado
de avaluación continua. Convocatoria
extraordinaria (fin de carreira) Aplicarase o sistema descrito no apartado de avaliación única.
Para superar a materia é
necesario obter en calquera dos sistemas de avaliación e convocatorias,
polo menos, un 50% na cualificación total. |