Guia docente 2018_19
Escuela de Ingeniería de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Redes de ordenadores
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas autónomas a través de TIC Trátase de desenvolver un programa de rede. Este programa debe facerse e entregarse obrigatoriamente de xeito individual. Haberá varias sesións presenciais para explicación da práctica, titoría co profesor e para o desenvolvemento, proba e depuración do programa no laboratorio, onde este será probado e avaliado. Supón un peso do 20% pero esíxese unha cualificación mínima de 3.5 puntos para superar a materia 20 B1
B6
B9
C11
C17
C19
Resolución de problemas de forma autónoma Durante o curso, cunha periodicidade aproximadamente semanal, plantéxanse tarefas, resolución de exercicios, preguntas e tests autoevaluables na aula virtual que deben ser realizadas polos alumnos de xeito individual, autónomo e non presencial, sempre cunha data límite. Estas tarefas teñen un peso global conxunto do 10% 10 B4
B6
B9
C11
C17
C18
C19
D2
D3
D4
Exame de preguntas de desenvolvemento Exame final que cobre toda a materia. Supón un peso do 50% pero esíxese unha cualificación mínima de 3.5 puntos sobre 10 para superar a materia 50 B3
B4
C11
C17
C18
C19
D2
Exame de preguntas obxectivas Realizaranse dúas probas tipo test, dunha hora de duración, para control de seguemento da materia. A primeira cubrirá os temas 1 a 4, e a segunda os temas 5 a 8. Cada proba de control ten un peso do 10%. 20 B3
B4
C11
C17
C18
C19
D2
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Déixase á elección dos alumnos o método de avaliación, continua ou única.

Avaliación continua (AC) 

Consistirá en:

  • Dúas probas tipo test, dunha hora de duración, para control de seguemento da materia (C1 e C2). A primeira cubrirá os temas 1 a 4, e a segunda os temas 5 a 8. Cada proba de control ten un peso do 10% sobre a nota final (NF). A planificación das diferentes probas de avaliación intermedia aprobarase nunha Comisión Académica de Grado (CAG) e estará dispoñible ao principio do cuatrimestre.
  • O desenvolvemento dun programa de rede (PR). A data de entrega será publicada xunto coas especificacións, pero sempre estará entre a última clase práctica e o día do exame final de maio. O cumprimento das prescricións e a calidade do software determinarán a cualificación desta proba, para a que se poñerá a disposición dos alumnos, xunto coas especificacións, unha rúbrica ou guía de avaliación. Este programa debe facerse e entregarse obrigatoriamente de maneira individual. O PR representará o 20% da Nota Final (NF), sendo necesario alcanzar 3,5 puntos nesta proba para poder superar a materia.

  • A realización das actividades puntuables de tipo non presencial na aula virtual. Durante o curso, cunha periodicidade aproximadamente semanal, plantéxanse tarefas, resolución de exercicios, preguntas e tests autoavaliables na aula virtual que deben ser realizadas polos alumnos de xeito individual, autónomo e non presencial, sempre cunha data límite. A realización destas actividades permite obter "puntos de mérito" (PM) ata un máximo de 100 puntos (no caso da realización correcta de todas elas). A cualificación deste apartado será igual á cantidade de PM dividida por 100. Co obxectivo de facilitar a consecución do máximo de puntos, plantexaranse actividades adicionais de tipo opcional ao longo do curso. 

  • No aula virtual usarase un sistema de gamificación que emprega outros tipos de puntos, mecánicas e elementos de gamificación para fomentar a realización das actividades puntuables e participar de maneira significativa en foros de axuda, dudas e discusións. Isto permitirá ao alumno obter recompensas para poder empregar en exames e en tarefas.

  • Un exame final (EF) escrito sobre todos os contidos da materia, que ten un peso do 50% sobre a Nota Final (NF) e no que é necesario alcanzar 3,5 puntos sobre 10 para poder superar a materia.

NF-AC = 0.1x(C1+C2) + PM/100 + 0.2xPR + 0.5xEF se EF >=3.5  e PR >=3.5

Noutro caso NF-AC = min(4.9, EF) 

Considérase que opta por AC aquel alumno que se presenta a algunha proba de control de seguemento, C1 ou C2. A non realización dalgunha destas probas implica unha cualificación de "0" na proba. Estas probas non son recuperables.

Avaliación única (AU) 

Consisitirá na realización do mesmo EF ao final do cuadrimestre, e na entrega do mesmo programa de rede (PR) proposto para os que van por AC. As datas de entrega tamén serán as mesmas.

A cualificación do PR neste caso será simplemente APTO (cun valor numérico de "1"), se a nota obtida no PR é igual ou superior a 5, ou NON APTO (cun valor numérico de "0") se é inferior a 5 ou non se entrega. Nese caso a nota final será o 40% do EF. É dicir,

NF-AU = (0,4 + 0,6×PR) × EF

Segunda oportunidade 

Nas datas oficialmente establecidas haberá un novo EF que só poderá ser feito polos alumnos que non superaran a materia na primeira oportunidade. Tamén se permitirá a entrega dun novo PR consistente nunha versión modificada do da primeira oportunidade, cuxas especificacións se publicarán cunha antelación mínima de 4 semanas con respecto á data de entrega, que nunca será posterior á data deste segundo EF.

Para os alumnos que optan por AC, estes EF e PR da segunda oportunidade supoñen unha oportunidade de mellorar a nota nestas dúas probas con respecto á primeira, e así no cálculo da Nota Final tense en conta a mellor nota das obtidas nestas dúas probas entre as dúas oportunidades.

Para os alumnos que optan por AU, o EF e o PR son probas que se consideran conxuntas e inseparables, é dicir, a Nota Final será a mellor das obtidas ao avaliar conxuntamente o EF e PR de cada oportunidade.

NF-AU = Máx{(0,4 + 0,6×PR-1ª) × EF-1ª, (0,4 + 0,6×PR-2ª) × EF-2ª}

Aqueles alumnos que optaran por AC e desexen cambiar á modalidade de AU nesta segunda oportunidade, deberán comunicalo por escrito ao coordinador da materia antes da revisión do exame da primeira oportunidade. Neste caso, as condicións para aprobar a materia son exactamente iguais ás do resto de alumnos que se presentan por AU, sendo por tanto obrigatoria a entrega dun novo PR coas especificacións desta segunda convocatoria. Tampouco se poderá empregar neste caso ninguna recompensa obtida na AC.

Convocatoria Extraordinaria (Fin de Carreira)

Os alumnos que se presentan nesta convocatoria extraordinaria deben aprobar o EF a realizar nas datas oficialmente establecidas e obter un APTO na práctica PR que debe entregarse antes da data deste EF. As especificacións desta práctica son as mesmas que as da segunda oportunidade. É obrigatorio volver a entregar esta práctica en prazo aínda que xa se entregara na segunda oportunidade.

A Nota Final desta convocatoria será a do EF se a PR é APTO, e un 40% do EF se a PR é NON APTO

Outras consideracións

Considéranse presentados á materia todos os alumnos que se presenten a calquera das probas, C1, C2, PR ou EF. As cualificacións de todas as probas, parciais ou finais, prácticas e actividades non presenciais só terán efectos no curso académico no que se propoñan.

A plataforma de aula virtual conta con ferramentas para detectar posibles comportamentos anómalos e deshonestos nos tests de autoavaliación (tests feitos entre varios, respostas coñecidas de antemán, etc.), así como para detectar posibles plaxios en traballos escritos ou en programas software.

No caso de detección de plaxio nalgún dos traballos/probas/exames/tests realizados, incluídas as actividades non presenciais entregadas ou realizadas na aula virtual, a cualificación final da materia será de Suspenso (0) e o feito será comunicado á Dirección do Centro para que tome as medidas oportunas.

Ante calquera contradicción que se puidera dar entre as distintas versións da guía, por mor dalgún erro na traducción, a versión que prevalecerá é esta versión na lingua galega.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000