Guia docente 2018_19
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Técnicas de transmisión e recepción de sinais
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas de desenvolvemento Exame final. Versará sobre todos os contidos da materia e realizarase durante o período de exames establecido polo Centro. 60 B3
B4
B6
C9
C10
C20
D2
Probas de resposta curta Realizaranse tres probas curtas ao longo do cuadrimestre. 40 B3
B4
B6
C7
C9
C10
C20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para aqueles alumnos que opten pola avaliación continua. Catro probas puntuables: 10% a primeira, 15% a segunda, 15% a terceira, e 60% a cuarta.

O calendario de probas puntuables será aprobado pola Comisión Académica do Grao e publicado ó comenzo do catrimestre de impartición da asignatura.  Estas probas non son recuperables, é dicir, se un alumno
non pode realizalas no momento en que teñan lugar, os profesores
non teñen obrigación de repetilas. En cada proba puntuable avaliaranse
conceptos expostos na materia desde o seu inicio ata
a semana anterior á súa realización, inclusive. A cuarta proba puntuable será unha versión reducida do exame que realizarán quen non opten por avaliación continua.

Para aqueles alumnos que non opten pola avaliación continua. Exame final: 100%

Consideraranse presentados á convocatoria todos os alumnos que se presenten a unha calquera das probas (xa sexan probas puntuables ou exame final). Considerarase que opta pola avaliación continua o alumno que se presente polo menos a dúas probas calesquera das tres primeiras pruebas puntuables. Considerarase que opta pola avaliación única o alumno que se presente a non máis dunha de ditas tres probas e que se presente ao exame final.

Os alumnos que así optasen pola avaliación continua e non aprobasen a materia recibirán a cualificación de "suspenso" independentemente de que se presenten ao exame final ou non.

A nota dos 3 primeiros puntuables consérvase para a convocatoria de recuperación, pero non para cursos posteriores.

Para a convocatoria de recuperación, os alumnos que optasen pola avaliación continua poderán elixir se desexan manter a nota obtida nas probas puntuables ou ser reavaliados no exame final sobre o 100% da nota total.

No caso de detección de plaxio en calquera das probas, a calificación final será de SUSPENSO (0) e o feito será comunicado á dirección do Centro para os efectos oportunos.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000