Guia docente 2018_19
Escuela de Ingeniería de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Fundamentos de son e imaxe
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas obxectivas Realizadas na plataforma faitic.
7.5 B3
Exame de preguntas de desenvolvemento Empréganse para avaliar a materia dada nas clases de tipo A. Avalíanse coñecementos teóricos e resolución de problemas.
65 B3
B5
C13
Probas de resposta curta Exame escrito de avaliación, con preguntas breves e problemas.
5 B3
Informe de prácticas Valoración do traballo escrito que describe o traballo de varias semanas no aula informática.
É a única metodoloxía onde se fai traballo en equipo (parellas), a nota é a mesma para ambos.
22.5 B5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
En caso de detección de plaxio en calquera das probas (probas cortas, exámes parciais, exame final, memorias de prácticas), a calificación final será de SUSPENSO (0) e o feito será comunicado á dirección do centro para os efectos oportunos. 

Seguindo as directrices propias da titulación ofrecerase aos alumnos que cursen esta materia dous sistemas de avaliación: avaliación continua e avaliación única.

O calendario de probas de avaliación intermedia será aprobado pola CAG (COMISIÓN ACADÉMICA DO GRAO) e publicarse ao comezo do cuadrimestre no que se imparta a materia.

AVALIACIÓN CONTINUA

A avaliación continua consta das probas que se detallan a continuación nesta guía e non son recuperables, é dicir, se un alumno non pode realizalas na data estipulada o profesorado non ten obrigación de repetilas. As tarefas avaliables serán válidas tan só para o curso académico no que se realicen.

Enténdese que o alumno opta pola avaliación continua se realiza a “Proba 1” (véxase a continuación). Unha vez realizada esta proba entenderase que o alumno se presentou á convocatoria e asignaráselle a cualificación que resulte da aplicación do criterio que se detalla a continuación con independencia de que se presente ou non ao exame final.



Tipos e valoración de probas:
  1. Proba 1 (Peso: 15%):  Inclúe varios temas tratados na materia.
  2. Resolución de tests  (Peso: 7.5%): desenvólvense ao longo do curso na plataforma *faitic
  3. Exame de prácticas (Peso: 7.5%).
  4. Proba de resposta curta (Peso: 5%):  Inclúe varios temas tratados na materia.
  5. Informes/memorias de prácticas (Peso: 15%).
  6. Proba 2 (Peso: 50%): coincide coa data do exame final da materia. Inclúe todos os temas non avaliados na Proba 1.

Co obxecto de garantir que os alumnos adquiren un mínimo, máis ou menos equilibrado, das competencias da materia,  para aprobar será necesario cumprir estas dúas condicións:

1) obter unha nota global igual ou superior a un 5 (nunha escala de 0 a 10)

2) obter unha nota igual ou superior a un 3.5 (nunha escala de 0 a 10), tanto no conxunto das probas relacionadas coa parte de “son” como no conxunto das probas relacionadas coa parte de “imaxe”.  Se esta condición non se cumple e a media global é igual ou maior que 5, aparecerá en acta como un suspenso (4).


AVALIACIÓN ÚNICA

Se o alumno non realiza a “Proba 1”  será avaliado a través dun único exame final na data oficial asignada polo Centro. Este exame final será cualificado entre 0 e 10 puntos e incluirá como contidos posibles toda a materia. 

Co obxecto de garantir que os alumnos adquiren un mínimo, máis ou menos equilibrado, das competencias da materia,  para aprobar será necesario cumprir estas dúas condicións:

1) obter unha nota global igual ou superior a un 5 (nunha escala de 0 a 10)

2) obter unha nota igual ou superior a un 3.5 (nunha escala de 0 a 10), tanto no conxunto das preguntas relacionadas coa parte de “son” como no conxunto das preguntas relacionadas coa parte de “imaxe”.  Se esta condición non se cumple e a media global é igual ou maior que 5, aparecerá en acta como un suspenso (4).


O alumno pode participar se o desexa nas actividades de Avaliación Continua, excepto na Proba 2, pero non lle serán valoradas.


  Segunda Oportunidade:


⇒ O alumno que fose avaliado por Avaliación Continua na primeira oportunidade pode optar entre dúas posibilidades o mesmo día do exame:
  1. Realizar de novo a Proba 2 na data oficial asignada polo Centro e ser avaliado segundo o estipulado para o sistema de “Avaliación Continua”. Inclúe todos os temas non avaliados na Proba 1. 
  2. Ser avaliado cun único exame final na data oficial asignada polo Centro. Este exame final será cualificado entre 0 e 10 puntos. Inclúe todos os temas da materia. Aplícanse os criterios da "avaliación única". Non se valora ningunha outra actividade realizada.

⇒ O alumno que NON fose avaliado por Avaliación Continua:

Será avaliado cun único exame final na data oficial asignada polo Centro. Este exame final será cualificado entre 0 e 10 puntos. Inclúe todos os temas da materia. Aplícanse os criterios da "avaliación única". Non se valora ningunha outra actividade realizada.

CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA:


En convocatoria extraordinaria (fin de carreira) procederase de forma análoga ao caso dos estudantes que non seguiran o proceso de avaliación continua. 

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000