Guia docente 2018_19
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Servizos de internet
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Autoavaliación Faranse dúas probas de autoavaliación de tipo test ao longo da materia sobre os conceptos teóricos que aprenderon ata ese punto.
0 B3
B4
B6
C11
C18
Práctica de laboratorio O código que implementa as prácticas avaliarase para descubrir se todo funciona acorde cos requisitos e especificacións establecidos polo profesorado.
50 B3
B4
B6
B9
C11
C18
Exame de preguntas de desenvolvemento Realizarase un exame teórico ao final da materia sobre os contidos vistos nesta. Ademais, o alumno debe superar unha proba práctica no laboratorio (relacionada coas prácticas propostas) para comprobar que domina adecuadamente o código da súa propia práctica.
50 B3
B4
B6
C11
C18
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A materia componse dunha parte teórica e dunha parte práctica. Cada unha delas valorarase con 5 puntos e deberase sacar polo menos un 2,5 en cada parte para aprobar a materia.

Seguindo as directrices propias da titulación ofreceráselles aos alumnos que cursen esta materia dous sistemas de avaliación: avaliación continua e avaliación única.

Avaliación continua (EC):

- O estudante segue a avaliación continua dende que entrega unha práctica.

- A parte teórica componse dun exame final (cun valor de 5 puntos). Este exame final será o mesmo para todos os alumnos, independentemente de que opten ou non pola EC. Adicionalmente, os estudantes que sigan a EC poderán recibir ata 1 punto extra en función das actividades realizadas na clase ou no foro da materia. Estes puntos sumaranse á nota da teoría, axustándoa a 5 se o resultado fose superior.

- A parte práctica componse de tres prácticas, ningunha delas obrigatoria para aprobar.

- A primeira práctica vale 0,25 puntos. Poderán entregala ao longo do mes de outubro e corrixirase nas clases de laboratorio. O alumno deberá corrixir os erros atopados, intre no que obterá a nota indicada.

- A segunda práctica valerá 2,25 puntos e poderase entregar ata unha semana antes do exame práctico. Tras a entrega, o alumno deberá corrixir os erros identificados polos profesores ata que a práctica funcione correctamente. Terá de prazo ata unha semana antes do exame práctico. Unha vez obtido o visto e prace dos profesores, o alumno obterá a nota indicada.

- A terceira práctica valerá 2,5 puntos e poderase entregar dende a obtención do visto e prace dos profesores á práctica 2, e ata rematar as clases do primeiro cuadrimestre. A práctica avaliarase como se entregue, sen posibilidade de corrección dos erros observados.

- Proba práctica: O día do exame realizarase unha proba práctica no laboratorio por cada unha das prácticas 2 e 3 para comprobar que o alumno domina axeitadamente o código das súas propias prácticas. Esta proba práctica terá un resultado de APTO ou NON APTO para cada práctica de forma independente.

A nota da parte práctica será a suma da nota da práctica 1 e das notas das prácticas para as cales se obtivo unha cualificación de APTO na proba práctica.

No caso de que a nota resultante sexa inferior a 2,5 puntos, o alumno deberá realizar as prácticas da seguinte convocatoria e volver resentarse á proba práctica.

Avaliación única (EU): o alumno que non opte pola EC deberá realizar o exame teórico e entregar as prácticas propostas antes de rematar as clases (coas posibles modificacións que se especifiquen no seu momento). Con posterioridade, e ata unha semana antes do día do exame, deberá corrixir os erros identificados polos profesores nas prácticas 1 e 2 ata obter o seu visto e prace. Ademais, deberá igualmente presentarse á proba práctica.

Superación da materia: tanto no caso de EC coma na EU, para aprobar a materia o alumno deberá obter polo menos 2,5 puntos en cada parte. No caso de non superar a nota mínima nalgunha das partes, a puntuación obtida sumando as dúas partes axustarase a 4 puntos no caso de superar o devandito valor.

Segunda oportunidade: o alumno deberá realizar a parte que non supere na primeira oportunidade (exame ou prácticas coa súa proba práctica). As prácticas poderán sufrir modificacións ou incorporar funcionalidades adicionais que se comunicarán no mes de marzo.

Avaliación extraordinaria: terá as mesmas características ca segunda oportunidade. As prácticas poderán sufrir modificacións ou incorporar funcionalidades adicionais que se comunicarán no mes de xullo.

No caso de detección de plaxio en calquera das probas, a cualificación final será de SUSPENSO (0) e o feito comunicáselle á dirección do centro para que forneza os efectos oportunos.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000