Guia docente 2018_19
Escuela de Ingeniería de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Arquitecturas e servizos telemáticos
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Aprendizaxe baseado en proxectos Cada grupo de traballo entregará un deseño preliminar do proxecto e posteriormente o proxecto final da materia. A entrega constará do deseño, implementación e documentación. Despois da entrega do proxecto realizarase unha proba práctica sobre o proxecto implementado por cada un dos grupos. 20 B4
B6
C32
D2
D3
Presentación Cada grupo de traballo xustificará nunha presentación a solución adoptada no seu proxecto e dará unha explicación sobre este. Realizaranse preguntas a cada membro do grupo de forma individual para comprobar a implicación de cada alumno no proxecto. 10 B4
D2
D3
Práctica de laboratorio Realizarase unha proba práctica individual. Cada alumno realizará un exercicio que demostre a súa competencia do uso das tecnoloxías da materia nunha contorna práctica. 10 B6
C29
Exame de preguntas de desenvolvemento Exame escrito e individual, realizado na data indicada no calendario oficial de exames. A proba será unha combinación dos seguintes tipos de preguntas: resolución de problemas, cuestións breves para resolver aplicando os conceptos teóricos explicados na clase, xustificar razonadamente se unha ou varias afirmacións son verdadeiras ou falsas, pequenos tests sobre aspectos teóricos e de aplicación. Non se permite a utilización de apuntamentos, libros nin coleccións de problemas. O número e a combinación das devanditas preguntas fixarase para cada exame en particular. 60 B3
C29
C32
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Os
estudantes poden decidir ser avaliados en primeira oportunidade segundo un modelo de avaliación continua
ou ben por avaliación única. Todo os alumnos que entreguen a primeira
práctica están optando pola avaliación continua. Unha vez que os
estudantes opten polo modelo de avaliación continua a súa cualificación non
poderá ser nunca "Non presentado".

A cualificación será o resultado de aplicar a media xeométrica ponderada entre
dous resultados: (i) exame escrito (60%) e (ii) parte práctica (40%).

  • Exame escrito: terá lugar nas datas
    publicadas no calendario official. Non se permitirá o uso de ningún material
    adicional.
  • Parte práctica:
    1. Modelo de avaliación continua: 1 práctica intermedia (10%) e o proxecto da materia: deseño (5%), implementación final (15%) e presentación (10%). A cualificación será individual.
    2. Modelo de avaliación única: entrega da práctica e do proxecto da materia.

En segunda oportunidade e convocatoria extraordinaria os estudantes serán avaliados utilizando a
modalidade de "avaliación única" (coas posibles modificacións da práctica e/ou o proxecto que se especifiquen no seu momento).

A planificación das diferentes probas de avaliación continua aprobaranse nunha Comisión Académica de Grao (CAG) e estará dispoñible ao principio do cuadrimestre.

Se se detecta plaxio en calquera das probas de avaliación, a cualificación
final da materia será de "suspenso (0)", feito que se lle comunicará á
dirección da escola para adoptar as medidas oportunas.

 

 












Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000