Guia docente 2018_19
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Servizos multimedia
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Aprendizaxe baseado en proxectos Os alumnos, organizados en grupos de 2 ou 3 persoas (segundo o criterio do profesor), desarrollarán o proxecto proposto nas clases de grupos C. O obxectivo é promover a discusión colectiva co fin de identificar os puntos clave que deberán traballarse no deseño e implementación de cada proxecto. O alumnado combinará o traballo presencial no laboratorio co traballo individual.

Mediante esta metodoloxía avaliaranse as competencias CG3, CG6 e CT3.
Prácticas en aulas informáticas No laboratorio, o profesor exporá prácticas nas que se tratarán os principais conceptos da materia, facendo especial fincapé nos formatos de codificación empregados na transmisión de información multimedia. As dúbidas xurdidas durante o traballo autónomo do alumnado no laboratorio permitirán fomentar o debate do grupo a fin de acordar a mellor forma de resolver cada problema exposto.

Mediante esta metodoloxía avaliaranse as competencias CE84 e CG3.
Prácticas en aulas informáticas No laboratorio, o profesor exporá prácticas nas que se abordarán os principais conceptos da materia, facendo especial fincapé nas posibles aplicacións no campo da TV Dixital Terrestre e a Televisión IP. As dúbidas xurdidas durante o traballo autónomo dos alumnos no laboratorio permitirán fomentar o debate do grupo a fin de acordar a mellor forma de resolver cada problema exposto.

Esta metodoloxía docente permitirá avaliar as competencias CE84, CG3 e CG6.
Presentación Os alumnos, organizados en grupos de 2 ou 3 alumnos (segundo o criterio do profesor), presentarán as principais decisións de deseño e implantación do proxecto proposto nas horas C. O obxectivo é promover o debate arredor de cada proposta para poder identificar os puntos fortes e as debilidades de cada proposta.

Esta metodoloxía docente permitirá avaliar as competencias CG3, CG6 e CT3.
Lección maxistral Clases nas que se explicarán os principais conceptos da materia, propondo exemplos e escenarios de aplicación deles.

Esta metodoloxía docente permitirá avaliar as competencias CG3 e CG6.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000