Guia docente 2019_20
E. U. de Estudos Empresariais
Máster Universitario en Comercio Internacional
 Materias
  Fiscalidade Internacional
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Asistencia participativa na clase 10 C5
C6
C12
D5
D7
D8
D9
D26
Resolución de problemas Realización dos exercicios e problemas propostos polos profesores da materia 90 C5
C6
C12
D5
D7
D8
D9
D26
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Dado o carácter mixto do máster (presencial e a distancia) e tamén para facer compatible a vida laboral e persoal coa formación, é convinte implementar sistemas de avaliación que permitan superar a materia a aqueles/as estudantes que non asistan regularmente a clase. É por iso que o sistema de avaliación cambia lixeiramente en función do tipo de ensino (presencial ou a distancia) e establece un sistema de avaliación complementario que permite a superación da materia aos/as estudantes que non asistan regularmente a clase.

1.- ENSINO PRESENCIAL

1.1.- AVALIACIÓN CONTINUA

O/a estudante deberá superar todas as probas periódicas e realizar todas as actividades ou exercicios que propoña o profesorado da materia ao longo do curso, o cal computará o 10% da nota.

1. 2.- EXAME FINAL

O/A estudante que non supere ou realice algunha das probas periódicas ou algunha das actividades ou exercicios, deberá presentarse aos exames finais da materia nas datas que estableza a comisión académica do máster. O exame computará o 90% da nota final.

2.- ENSINO A DISTANCIA

2. 1.- AVALIACIÓN CONTINUA

O/A estudante deberá superar todas as probas periódicas e realizar todas as actividades ou exercicios que propoña o profesorado da materia ao longo do curso. A cualificación dos casos prácticos computará un 65% da nota final.

2. 2.- CUESTIONARIO

As respostas ao cuestionario achegarán un 35% da nota final

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000