Guia docente 2021_22
Escola Universitaria de Estudos Empresariais
Máster Universitario en Comercio Internacional - Non Presencial
 Materias
  Economía Internacional
   Plan de Continxencias
 
Descrición
Este apartado pretende reflectir as adaptacións necesarias das guías para a impartición e avaliación da materia tanto en modalidade mixta como en modalidade non presencial no caso hipotético que non fora posible facelo mediante a modalidade presencial.

Diante desta situación, a actividade docente impartirase mediante o Campus Remoto, e preverase asemade o uso da plataforma de teledocencia Faitic como reforzo e sen prexuízo doutras medidas que se poidan adoptar para garantir a accesibilidade do alumnado aos contidos docentes.

O Campus Remoto incluirá:

+ a substitución das metodoloxías docentes presenciais pola súa versión virtual, mediante sesións en Aula Virtual e vídeos elaborados polos docentes (a disposición dos estudantes en Faitic) en combinación con traballo autónomo por parte do estudante.

+ A realización das probas de avaliación necesarias.

+ A atención personalizada, mediante a creación de Foros en Faitic específicos de consulta de dúbidas, o emprego de despachos virtuais para consulta e titorías, o correo electrónico para dúbidas, ou mesmo atención telefónica.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000