- En caso de non ter superada a materia na 1ª oportunidade, as competencias non adquiridas serán avaliadas na convocatoria da 2ª oportunidade.
CRITERIOS DE AVALIACIÓN
Exame de preguntas obxectivas:
Descrición: probas para a avaliación das competencias adquiridas que inclúen
preguntas directas sobre un aspecto concreto. O alumnado debe responder de maneira directa e breve en base aos coñecementos que
teñen sobre a materia.
Cualificación asistentes: 40%.
Cualificación non asistentes e fin de carreira: proba de preguntas curtas: 30% e proba de preguntas de desenvolvemento: 30%.
Competencias avaliadas: CE33, CE34, CT15.
Traballo tutelado:
Descrición: deseño de secuencias didácticas con materiais tendo en conta as
competencias do curriculum na Educación Infantil. En cada clase da materia realizarase unha tarefa, que será entregada en tempo e forma a través de Moovi para a súa avaliación. Cada tarefa terá un peso do 5% na nota final en caso de asistencia a clase.
Cualificación non asistentes e fin de carreira: 40%.
Competencias avaliadas: todas as da materia.
As datas oficiais dos exames poden consultarse na web da Facultade no espazo "datas exames".