Guia docente 2023_24
Escuela de Ingeniería de Telecomunicación
Máster Universitario en Ciberseguridade
 Materias
  Privacidade e anonimidade
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios Resolución de cuestións, problemas e exercicios ao longo do curso. Entrega individual por escrito. 30
Exame de preguntas obxectivas Exame escrito. Resolución de cuestións, problemas ou exercicios. 40
Informe de prácticas, prácticum e prácticas externas Informes sobre as prácticas realizadas individualmente ou por parellas. 30
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Déixase a discreción dos alumnos dous métodos de avaliación alternativos na materia: avaliación continua e
avaliación global.


A avaliación continua consistirá na realización dun exame final (40% da cualificación), o desenvolvemento de prácticas e
proxectos (30% da cualificación) e na entrega ao longo do curso e nos prazos establecidos de exercicios resoltos (30%).

A avaliación única
consistirá na realización dun exame final escrito (70% da cualificación) e no desenvolvemento de prácticas e proxectos (30%).

As probas escritas das modalidades de
avaliación global e continua non serán necesariamente iguais. 

Os alumnos poderán optar por unha ou outra modalidade de avaliación até a data do exame escrito do curso.

Quen non superen a materia na convocatoria ordinaria dispoñen dunha segunda oportunidade extraordinaria ao final
do curso na que se reavaliarán os seus coñecementos cunha proba escrita.

A cualificación das probas só fornece efecto no curso académico en que se obteñan, con independencia do itinerario
de avaliación escollido
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000