Guia docente 2023_24
Escuela de Ingeniería de Telecomunicación
Máster Universitario en Ciberseguridade
 Materias
  Ciberseguridade industrial e IoT
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Aprendizaxe baseado en proxectos O alumnado dividirase en grupos para a realización do deseño, implementación e proba dun sistema IoT, pondo unha énfase especial na seguridade e/ou realizará ataques á seguridade dos sistemas implementados por outros compañeiros/as ou por terceiros.

O proxecto realizado, e o informe que contén o resultado dos ataques completados (en canto á súa calidade e ao seu éxito) serán avaliados despois da súa entrega valorando aspectos como a corrección, a calidade, as prestacións e as funcionalidades. Deberase entregar o código, prototipos e documentación realizados. Así mesmo, será necesario realizar unha presentación dos resultados.

Durante a realización do proxecto realizarase un seguimento continuo do deseño e da evolución da implementación. Si os resultados intermedios non son satisfactorios, poderase aplicar unha penalización de até o 20% da nota.

O seguimento será grupal e individual: cada un do membros do grupo debe documentar as tarefas desenvolvidas dentro do seu equipo e responder sobre elas.
40
Prácticas con apoio das TIC Resolución de prácticas e realización de informes cos resultados obtidos. 30
Exame de preguntas obxectivas Exame escrito sobre os contidos teóricos e prácticos impartidos durante o curso. 30
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para
superar a materia é necesario completar as distintas partes nas
que se divide (exame ou exámenes acerca dos contidos
expostos na sesión maxistral e o proxecto). A nota final será
o resultado de aplicar a media xeométrica ponderada da
nota de cada unha das partes.

Así, se a nota das sesións maxistrais é NT,  a nota
do proxecto é NP e a nota das prácticas é NL, a nota final
será:

Nota = NT^0.3 ✕ NP^0.4 ✕ NL^0.3


Durante o primeiro mes, o estudiantado deberá indicar explícitamente e por escrito o seu desexo de cursar a materia seguindo
a evaluación global. Noutro caso se considerará que seguen a
availiación continua.  Quen sigan a avaliación continua non
se podrán considerar "non presentados" así que realicen
a entrega do primeiro cuestionario ou tarefa.

O alumnado que opte pola avaliación global deberá presentar
adicionalmente  un dossier que deberá defender presencialmente ante o profesorado, no que se inclúan todos os
detalles sobre a realización das distintas tarefas, e moi
especialmente o proxecto. No caso de seguir a avaliación
global, os alumnos/as deberán realizar o traballo de
forma individual, salvo que o profesorado comuníquelles explícitamente a autorización para realizalo en grupo.

Avaliación extraordinaria


Só podrán optar á avaliación extraordinaria quen non supere
a primeira oportunidade (ao finalizar o cuadrimestre).  A
avaliación será a descrita nos apartados anteriores, pero
adicionalmente será necesario presentar un dossier, que
deberá ser defendido presencialmente ante o profesorado, no que se inclúan todos os detalles sobre a realización das distintas tarefas, moi especialmente o proxecto.

Quen seguise a avaliación continua pode optar por manter
as notas obtidas na primeira oportunidade para as
distintas partes da materia ou descartalas.

Outros comentarios

As puntuacións obtidas só son válidas para o curso
académico en vigor. Aínda que o proxecto se desenvolverá (na
medida do posible) en grupos, o alumnado debe gardar evidencias
do seu traballo individual dentro do grupo. No caso no que o
rendemento dun alumno ou alumna non sexa acorde ao dos seus compañeiros
de grupo, se considerará a súa expulsión do mesmo e/ou podrá ser
avaliado/a de forma completamente individual nesta parte.

O uso de calquera material durante a realización dos
exámenes tendrá que ser autorizado explícitamente polo profesorado.

En caso de detección de plaxio ou de comportamento non ético nalgún
dos traballos/probas realizadas, a calificación da
materia será de "suspenso (0)" e os profesores
comunicarán o asunto ás autoridades académicas para que tomen
as medidas oportunas.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000