Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Máster Universitario en Ciberseguridade
 Materias
  Smart Contracts e dApps
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas con apoio das TIC Avaliarase a solución ofrecida á primeira práctica da materia, tendo en conta a corrección da solución proposta, a calidade do código, a eficiencia do mesmo, as habilidades de resolución de problemas e a documentación do código. 10
Prácticas con apoio das TIC Avaliarase a solución ofrecida á segunda práctica da materia, tendo en conta a corrección da solución proposta, a calidade do código, a eficiencia do mesmo, as habilidades de resolución de problemas e a documentación do código. 20
Prácticas con apoio das TIC Avaliarase a solución ofrecida á tercera práctica da materia, tendo en conta a corrección da solución proposta, a calidade do código, a eficiencia do mesmo, as habilidades de resolución de problemas e a documentación do código. 20
Exame de preguntas de desenvolvemento Cada estudante realizará, individualmente e sen ningún tipo de material de apoio, un exame de teoría a metade do cuatrimestre (a data exacta publicarase a principio de curso na web da materia) sobre oscontidos que se explicaron ata a semana anterior á proba. 20
Exame de preguntas de desenvolvemento Cada estudante realizará, individualmente e sen ningún tipo de material de apoio, un exame de teoría a final do cuadrimestre (a data exacta publicarase a principio de curso na web da materia) sobre a totalidade dos contidos da materia. 30
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Existen dous mecanismos de avaliación, avaliación continua (AC) e avaliación global (AG), rexidos polas seguintes condicións:

  • A modalidade de avaliación elixida (AC ou AG) será única e, por tanto, aplicable tanto á teoría como ás prácticas.
  • A AC inclúe as probas descritas no apartado anterior: dous puntuables de teoría, e tres prácticas.  
  • O alumnado confirmará a modalidade de avaliación definitiva a través da entrega das prácticas, en función do prazo (de AC ou AG) ao que se acolla. Dita modalidade de avaliación será a que se aplicará tamén na parte de teoría: no caso de que un/unha estudante opte finalmente por AG, a nota do primeiro puntuable de teoría, de ser o caso, quedaría anulada. 
  • Con independencia da modalidade elixida, as prácticas realizaranse sempre individualmente.
  • Establécese unha nota mínima de 2 puntos (sobre 5) tanto en teoría como en prácticas para poder aprobar a materia.
  • Se a nota resultante de sumar as cualificacións de teoría e prácticas é igual ou maior que 5 puntos pero o/a estudante non alcanza a nota mínima esixida nalgunha delas, a súa cualificación final será suspenso (4.5).  
  • Se o alumnado se presenta a algunha das probas de avaliación da materia non poderá figurar na acta como "non presentado". 
  • As probas de AC só se levarán a cabo nas datas estipuladas polo equipo docente, non podendo repetirse máis tarde.
  • En caso de plaxio, asignarase a nota suspenso (0) e este feito será notificado á dirección do Centro para os efectos oportunos.

Procedemento de avaliación na oportunidade ordinaria para o alumnado que opte por AC:

  • Parte teórica (50%): A nota desta parte resulta de sumar as cualificacións dos dous puntuables de teoría descritos anteriormente (a metade e a final de cuadrimestre), cuxas cualificacións máximas son 2 e 3 puntos, respectivamente. 
  • Parte práctica (50%): A nota desta parte depende das cualificacións obtidas nas practicas (ata 1, 2 e 2 puntos respectivamente, ata 5 puntos en total). 

O estudantado que non aprobe a materia na oportunidade ordinaria, poderá conservar a cualificación obtida tanto en teoría como en prácticas para a oportunidade extraordinaria, sempre que alcanzase a nota mínima esixida na parte que desexen gardar (2 puntos sobre 5, en ambos os casos).

Procedemento de avaliación na oportunidade ordinaria para o alumnado que opte por AG:

  • Parte teórica (50%): A nota desta parte corresponde ao exame final realizado na data aprobada pola Xunta de Escola, sobre un máximo de 5 puntos.
  • Parte práctica (50%): A nota desta parte depende das cualificacións obtidas nas prácticas (ata 1, 2 e 2 puntos respectivamente, ata 5 puntos en total). Os entregables poderán ser idénticos aos esixidos en AC ou incluír modificacións nas funcionalidades para desenvolver. Entregaranse en formato electrónico e serán avaliados polo profesorado fóra de clase. 

Procedemento de avaliación na oportunidade extraordinaria e na convocatoria fin de carreira:

  • Parte teórica (50%). A nota desta parte corresponde ao exame final na data que aprobará a Xunta de Escola, sobre un máximo de 5 puntos.
  • Parte práctica (50%). Entregaranse as 3 prácticas en formato dixital. As funcionalidades esixidas poderán ser as mesmas que na oportunidade ordinaria ou incluír modificacións que serán publicadas coa debida antelación. Dado que non existe a modalidade de AC, as condicións de avaliación son idénticas ás descritas no apartado de AG da oportunidade ordinaria. 
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000