Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Máster Universitario en Ciencia e tecnoloxías de información cuántica
 Materias
  Mecánica cuántica I
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios Propoñeranse problemas a resolver individualmente para demostrar a adquisición de resultados de aprendizaxe e competencias. 60 A1
B1
B2
C1
C2
C3
Exame de preguntas obxectivas Exame presencial con preguntas obxectivas destinadas a avaliar os coñecementos adquiridos. 20 A1
B1
B2
C1
C2
C3
Resolución de problemas e/ou exercicios Exame presencial de resolución de problemas. 20 A1
B1
B2
C1
C2
C3
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Avaliación continua:

Constará de tres probas:

Resolución de problemas fóra da aula 1: Valor 30%. Resolución de problemas relacionados coa primeira metade do curso. Tamén se valorará a asistencia continuada e a participación na clase.

Resolución de problemas fóra da aula 2: Valor 30%. Resolución de problemas relacionados coa segunda metade do curso. Tamén se valorará a asistencia continuada e a participación na clase.

Exame final. Valor 40%. Constará dunha parte de preguntas obxectivas (20%) e unha parte de resolución de problemas (20%).

Avaliación global:

Realizarase un exame composto por preguntas obxectivas (20%) e resolución de problemas (80%) que valerá o 100% da nota da materia.

Este esquema de avaliación é válido tanto para a oportunidade ordinaria como para a extraordinaria.

Compromiso ético: espérase que o alumno/a mostre un comportamento ético adecuado. No caso de detectarse comportamentos pouco éticos (copia, plaxio, uso de dispositivos electrónicos non autorizados, etc.), considerarase que o alumno non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso, a cualificación final da oportunidade de avaliación correspondente será de suspenso (0,0).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000