Código |
Descrición |
A6 |
Coñecer e comprender a natureza das plataformas físicas para o procesamento da información cuántica en sistemas fotónicos: óptica cuántica, sistemas ópticos integrados, sistemas optoatómicos, sistemas de detección e medida, fotónica de semicondutores. |
A11 |
Adquirir unha base sólida sobre a teoría cuántica da información na súa aplicación ás comunicacións cuánticas, así como sobre a tecnoloxía dos dispositivos fotónicos empregados nas comunicacións cuánticas, tanto terrestres como aéreas e vía satélite. |
B7 |
Coñecer a óptica cuántica e o papel e as propiedades da luz e a súa manipulación no procesamento e comunicacións da información cuántica. |
B11 |
Coñecemento das comunicacións cuánticas, principios teóricos e implementacións experimentais, tanto terrestres como aéreas e vía satélite. |
B13 |
Ter coñecementos sobre as limitacións físicas e técnicas das implantacións de sistemas de tratamento da información cuántica: ruído, decoherencia, etc., así como as estratexias de mitigación ou corrección que se propoñan. |
C1 |
Analizar e desglosar un concepto complexo, examinar cada parte e observar como encaixan |
C2 |
Clasificar e identificar tipos ou grupos, mostrando como cada categoría é diferente das demais |
C3 |
Comparar e contrastar e sinalar semellanzas e diferenzas entre dous ou máis temas ou conceptos |