Guia docente 2011_12
Facultad de Derecho
Grao en Dereito
 Materias
  Dereito: Dereito constitucional I
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Proba para a avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas directas sobre un aspecto concreto. Os alumnos deben responder de xeito directo e breve en función dos coñecementos que teñen sobre a materia. A devandita proba realizarase ao final do cuadrimestre. 60
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Probas para a avaliación que inclúen actividades, problemas ou exercicios prácticos para resolver. Os alumnos deben responder á actividade suscitada, aplicando os coñecementos teóricos e prácticos da materia. 20
Traballos e proxectos O estudante presenta, de forma oral ou escrita, o resultado obtido na elaboración dun documento sobre algún dos temas da materia, podendo tratarse tamén do resumo dalgunha lectura de especial interese para a mellora dos coñecementos dos alumnos. 20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación


Aqueles alumnos que, por circunstancias persoais ou profesionais, non poidan participar de maneira presencial no


desenvolvemento do curso poderán presentar por escrito os diferentes traballos realizados ao mesmo tempo que os


asistentes. Isto suporalles un 50% da avaliación final e a proba de resposta longa o outro 50% da avaliación final.


Aqueles alumnos que non poidan participar no desenvolvemento do curso de maneira presencial terán unha avaliación final


que implicará o desenvolvemento por escrito de dúas preguntas longas que se incluirán no programa e suporán o 80% da


avaliación e una pregunta práctica que suporá o 20% da avalidación.


Tanto estes últimos alumnos como os anteriores gozarán de atención personalizada nas titorías individualizadas (previa cita)


cando así o desexen.


Na segunda oportunidade (xullo) diferenciaranse as seguintes modalidades:


a) Para os alumnos presenciais: terán que ser avaliados daquela parte da programación docente que non superasen durante


o curso. b) Para aqueles alumnos que participan, aínda que non o fan de maneira presencial na súa totalidade: terán que


superar aquela parte da programación docente que non superasen. c) Para aqueles alumnos que se presentasen


unicamente a unha avaliación final e non a superasen: deberán repetir esa mesma modalidade de avaliación na súa


totalidade.

 

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000