Guia docente 2010_11
Facultad de Derecho
Grao en Dereito
 Materias
  Dereito civil II. Dereitos reais
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Estudo de casos/análises de situacións Proba na que se presenta unha situación ou problemática xa dada ou que pode darse, partindo dos diferentes factores involucrados, a análise dos antecedentes, condicións, da situación, etc. 25
Outros O estudante presenta o resultado obtido na elaboración dun documento sobre a temática da materia, na preparación de seminarios, investigacións, memorias, ensaios, resumos de lecturas, conferencias, etc.
Pódese levar a cabo de maneira individual ou en grupo, de forma oral ou escrita, valorándose o 80% da calificación do traballo polo profesor e o 20% restante por valoración "inter pares". Por outra parte, tamén serán obxecto de avaliación as respostas do alumno a preguntas breves formuladas durante a titoría en grupo
10
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Probas para avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas abertas sobre un tema. Os alumnos deben desenvolver, relacionar, organizar e presentar os coñecementos que teñen sobre a materia nunha resposta extensa.
65
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumno que non se acolla á avaliación continua poderá facer un exame final no que se lle formularán, en relación cos contidos da materia, preguntas de resposta longa. A calificación máxima deste exame será dun 65% do total.


O sistema de avaliación na segunda convocatoria, tanto para o alumno que se acolla á avaliación continua, como para o que non se acolla, consistirá na realización dunha proba de resposta longa, que terá a descripción e calificación sinalada na parte superior. Gardarasne e aplicaranse as outras calificacións que tivera o alumno que se acollese á avaliación continua.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000