Guia docente 2014_15
Facultade de Dereito
Grao en Dereito
 Materias
  Dereito mercantil II
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral Evaluaráse a asistencia e participación activa nas clases, a actitude do alumno, as preguntas e cuestións que formule, e a sua expresión oral. 30
Traballos tutelados O estudante, elabora un documento sobre a temática da materia, resumos de lecturas, conferencias, notas a sentencias, visionado de películas, etc. 20
Estudo de casos/análises de situacións O alumnado que se someta a avaliación continua realizará, ao longo das sesións presenciais, casos prácticos, exercicios, cuestionarios,… que versarán sobre os contidos da presente materia (contratos mercantís e títulos-valores). Estas actividades poderán ser, eventualmente, recollidos polo profesor.
<br><br><br><br>
5
Probas de resposta curta Todos os alumnos, con independencia do sistema polo que se opte (avaliación continua ou non), deberá realizar unha proba obxectiva sobre os contidos da materia. Incluiránse preguntas directas sobre un aspecto concreto. Os alumnos deben responder de maneira directa e breve en base aos coñecementos que teñen sobre a materia. Asemade, incluiráse un suposto práctico. 45
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A) Os alumnos que se acollan ao sistema de avaliación contínua deberán asistir regularmente ás clases presenciais (mínimo dun 80%). O sistema de avaliación continua esixirá, en todo caso, cumprir coa referida asistencia mínima e, ademais, requirirá unha participación activa e regular nas explicacións, exposicións e actividades/exercicios propostos que, de forma eventual e aleatoria, poderán ser recollidos polo profesor. Esas actividades representarán un 55% da cualificación global. O 45% restante da cualificación virá determinado pola PROBA FINAL, que consistirá nunha única parte teórico-práctica coas características descritas.

B) Os alumnos que non se acollan ao sistema de avaliación continua ou non o superaran (debido á súa non asistencia regular ás clases presenciales na porcentaxe indicada ou a que non realizaron de xeito satisfactorio as actividades propostas) serán evaluados en base a unha única PROBA FINAL que representará o 100% da cualificación global, e que consistirá nunha parte teórica e unha parte práctica. A parte teórica representará o 60% do total do 100%, e a práctica o 40% restante.

** DATAS DAS PROBAS DE AVALIACIÓN:

    As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade pa o curso 2014/2015.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000