Guia docente 2013_14
Facultade de Dereito
Grao en Dereito
 Materias
  Dereito comunitario
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Os coñecementos adquiridos na sesión maxistral serán avaliados mediante unha proba escrita na que se exporán cuestións de desenvolvemento.
Estas probas realizaranse nas seguintes datas:
-1ª oportunidade: 8 de xaneiro ás 10:00h, aulas 2.4 e 2.5
-2ª oportunidade: 23 de xuño, ás 10:00h nas aulas 1.4 e 1.5
80
Resolución de problemas e/ou exercicios O traballo da aula valorarase en atención a dous criterios: por unha banda, os casos prácticos e traballos que sexan obxecto de exposición na aula, así como, por parte, mediante os traballos ou casos prácticos que deberán ser entregados ao profesor 20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A impartición e avaliación desta materia é responsabilidade de dúas áreas de coñecemento a área de Dereito Constitucional e a área de Dereito Internacional Público.

-A área de Dereito Internacional impartirá as leccións 1-2; 5-8 e 13. Estas leccións impartiranse na primeira metade do primeiro cuadrimestre.

-A área de Dereito Constitucional impartirá o resto do temario, é dicir, leccións 3-4; 9-12 e 14. Estas leccións impartiranse na segunda metade do primeiro cuadrimestre


En canto á avaliación final, cada unha das áreas de coñecemento que participan na materia ten un peso proporcional á súa carga docente: Dereito Internacional 50% e Dereito Constitucional 50%. Cada área, á hora de determinar a súa nota, farao seguindo os criterios establecidos na metodoloxía, é dicir, 80% exame final  e  20% traballos de aula.


En relación á proba ou exame final escrito, esta proba constará de dous partes, unha por cada Área de coñecemento. Cada parte farase en follas independentes, para que cada profesor poida corrixir o seu parte.

Para superar a materia é necesario obter un mínimo do 50% en cada parte.

Os alumnos que non se sometan á avaliación continua, a proba a realizar constará de dous partes: a realización dunha proba escrita con cuestións de desenvolvemento así como a resolución dun caso práctico, exame que, en todo caso, representará o 100% da cualificación

As probas de avaliación final realizaranse nas seguintes datas:

-1ª oportunidade: 8 de xaneiro ás 10:00h, aulas 2.4 e 2.5

-2ª oportunidade: 23 de xuño, ás 10:00h, aulas 1.4 e 1.5

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000