Guia docente 2012_13
Facultade de Dereito
Grao en Dereito
 Materias
  Procesos especiais e métodos alternativos de solución de conflitos
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Probas de tipo test Durante o cuadrimestre realizaranse dúas probas tipo test, na data indicada polo profesor. A nota media de ambas as dúas probas constituirá o 25% da nota final. Estas probas non liberan materia de cara ao exame final 25
Estudo de casos/análise de situacións Na data indicada polo profesor realizarase unha proba de carácter práctico
consistente no estudo dun caso. A nota desta proba constituirá o 25% de
a cualificación final.
25
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Na data fixada no calendario oficial de exames realizarase un exame escrito, que comprende toda a materia. 50
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1. Primeira oportunidade (maio/xuño):

O estudante debe elixir entre un sistema de avaliación continua ou a realización dun exame final.

a) Avaliación continua:


  • O estudante que se someta ao sistema de avaliación continua
    realizará durante o cuadrimestre dous probas teóricas tipo test, cuxa
    nota media constituirá o 25% da cualificación final, e unha proba
    práctica que constituirá tamén o 25% da cualificación final.
  • A
    avaliación completarase co exame final que será escrito e realizarase
    na data fixada no calendario oficial de exames. Este exame representa o
    50% da nota final, pero ten que ser superado cun 5 sobre 10 para que se
    sume a nota obtida na avaliación continua.

b) Exame final:


  • O estudante que non se someta ao sistema de avaliación continua
    realizará un exame final que representa o 100% da cualificación da
    materia. O exame constará de dúas partes:
    1. Unha proba
      práctica escrita consistente no estudo dun caso. Esta proba práctica
      representará o 20% da cualificación final.
    2. Unha proba teórica escrita sobre toda a materia, que representará o 80% da cualificación final.

  • Para poder superar a materia a través do exame final, o estudante
    terá que superar as dúas partes do exame. É dicir, na proba práctica,
    terá que obter polo menos un 1 sobre 2; e, na proba teórica un 4 sobre
    8.

2. Segunda oportunidade (xullo):

  • Consistirá para
    todos os alumnos nun exame final único que representa o 100% da
    cualificación da materia. O exame constará de dúas partes:

    1. Unha proba práctica escrita consistente no estudo dun caso. Esta proba
      práctica representará o 20% da cualificación final.
    2. Unha proba teórica escrita sobre toda a materia, que representará o 80% da cualificación final.

  • Para poder superar a materia a través do exame final, o estudante
    terá que superar as dúas partes do exame. É dicir, na proba práctica,
    terá que obter polo menos un 1 sobre 2; e, na proba teórica un 4 sobre
    8.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000