O inicio de curso, os alumnos deberán manifestar a sua intención -ou non- de acollerse o sistema de avaliación continua. Primeira oportunidade de exame (convocatoria de xaneiro). A. Os alumnos que se acollan ó sistema de avaliación contínua deberán asistir regularmente as clases presenciais (mínimo dun 80%).O sistema de avaliación contínua esixirá, en todo caso, cumprir co a referida asistencia mínima e ademais, requerirá unha participación activa e regular nas explicacións, exposicións e actividades/exercicios propostos que, de forma eventual e aleatoria, poderán ser recollidos polo profesor. Estas actividades representarán un 55% da cualificación global. O 45% restante da cualificación virá determinado pola PROBA FINAL, que consistirá nuha única parte teórico-práctica co as características descritas. B. Os alumnos que non se acollan ó sistema de avaliación continua deberán someterse a unha proba final obxectiva (exame final) que representará o 100% da súa calificación. Constará dunha parte teórica e unha parte practica. A parte teórica representará o 60% do total da cualificación, e a parte práctica o 40% restante. Segunda oportunidade de exame (convocatoria de xullo): No exame da convocatoria de xullo os alumnos serán avaliados en base a unha única PROBA FINAL, que representará o 100% da cualificación global, e consistirá nuha parte teórica e unha parte práctica. A parte teórica representará o 60% do total, e a parte práctica o 40% restante. DATAS DAS PROBASDE AVALIACIÓN As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no clalendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade para o curso 2014/2015 |