Guia docente 2016_17
Facultade de Dereito
Grao en Dereito
 Materias
  Dereito da nacionalidade e da estranxeiría
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Probas de resposta curta Probas para avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas directas sobre un aspecto concreto. Os alumnos deben responder de maneira directa e breve en base aos coñecementos que teñen sobre a materia. 50 B1
B2
B3
B5
B6
B7
B8
B9
B13
C10
Resolución de problemas e/ou exercicios Probas para avaliación das competencias que inclúen preguntas abertas sobre un tema. Os alumnos deben desenvolver, relacionar, organizar e presentar os coñecementos que teñen sobre a materia nunha resposta extensa. 50 B10
B12
C5
C8
C12
C14
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1. En avaliación continua haberá tres parciais que servirán para reflectir os coñecementos adquiridos, cun valor conxunto do 50% da nota final. Dita avaliación continua do proceso de aprendizaxe e adquisición de competencias e coñecementos realizarase así mesmo atendendo á participación na aula, especialmente coas prácticas realizadas en clase, que terán un valor do 50% da nota final.

2.- O alumnado que non desexe, ou non poida seguir o sistema de avaliación continua descrito, poderá presentarse en todas as convocatorias a un exame final único teórico-práctico que suporá o 100% da cualificación (50% parte teórica, 50% parte práctica). Este sistema aplicarase tamén na convocatoria extraordinaria de fin de carreira.

EXAMES: As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade para o curso 2016-17

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000