Guia docente 2013_14
Facultade de Dereito
Grao en Dereito
 Materias
  Dereito de danos e responsabilidade civil
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Estudo de casos/análises de situacións Formulación dunha situación ou problemática xa dada ou que pode darse, partindo dlos diferentes factores involucrados, o análise dos antecedentes, condicións, etc. 20
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Probas para a avaliación das competencias que inclúen preguntas sobre o temario. Os alumnos deben desenvolver, relacionar, organizar e expoñer os coñecementos que teñen sobre a materia nunha resposta extensa. 80
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumno que non se acolla á avaliación continua poderá facer un exame final no que se lle formularán, en relación cos contidos da materia, preguntas de resposta longa. A cualificación máxima deste exame será dun 80% do total.

O sistema de avaliación na segunda edición, tanto para o alumno que se acolla á avaliación continua, como para o que non se acolla, consistirá na realización dunha proba de resposta longa, que terá a descrición e cualificación sinalada no parágrafo anterior. Gardaranse e aplicarán as outras cualificacións que tivese o alumno que se houbese *acojido á avaliación continua.     

Datas e lugares das probas de avaliación:

-Fin de carreira: día 22 de outubro, ás 16.00 hs.

-1ª edición: día 26 de maio, ás 17.00 hs., aula 1.4

-2ª edición: día 10 de xullo, ás 16.00 hs., aula 2.4

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000