1. Primeira oportunidade (maio). a)
Ao comezo do curso, o/a alumno/a deberá manifestar a súa vontade de
acollerse ao sistema de avaliación continua. A tal fin, o profesor da
materia proporcionaralle un documento que o/a alumno/a deberá cubrir e
asinar. b) O/A alumno/a que se acolla ao sistema de avaliación
continua, entregando o documento sinalado, será avaliado consonte aos
criterios previamente establecidos (50% probas tipo test- 50% exame
final) e non terá dereito a ser avaliado nesta oportunidade conforme a
un exame final que represente o 100% da cualificación na materia. c)
O/A alumno/a que non cubra e entregue o devandito documento non terá
dereito a ser avaliado conforme ao sistema de avaliación continua,
puidendo realizar nesta oportunidade un exame final que constitúe o 100%
da cualificación na materia. O exame final consta de dúas partes: unha
parte teórica (puntuada de 0 a 5 puntos) e unha parte práctica -caso práctico- (puntuada de 0 a 5 puntos). 2. Segunda oportunidade (xullo). Consistirá para todos os alumnos nun exame final que suporá o 100% da cualificación na materia. As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade para o curso 2014-15 |