Guia docente 2012_13
Facultade de Dereito
Grao en Dereito
 Materias
  Libre circulación de traballadores e políticas sociais europeas
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Estudo de casos/análises de situacións

Probas na que se presenta unha situación ou problemática xa dada ou que pode darse, partindo dos diferentes factores involucrados, a análise dos antecedentes, condicións, da situación, etc.
20
Presentacións/exposicións
O estudante presenta o resultado obtido na elaboración dun documento sobre a temática da materia, na preparación de seminarios, investigacións, memorias, ensaios, resumos de lecturas, conferencias, etc.
Pódese levar a cabo de maneira individual ou en grupo, de forma oral ou escrita…
20
Probas de tipo test Probas para avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta (verdadeiro/falso, elección múltiple, emparellamento de elementos...). Os alumnos seleccionan unha resposta entre un número limitado de posibilidades. 60
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Os/as
alumnos/as poden optar entre dous sistemas de avaliación:

  1. Sistema de avaliación
    continua
  2. Sistema de avaliación
    final

 1.
Sistema de avaliación  continua. Para optar ao sistema de
avaliación continua, o estudante deberá acreditar asistencia a un 80% das
clases –maxistrais, grupos medianos e accións tutoriais-, sen que, salvo casos
excepcionais –ej. enfermidades de longa duración verificadas con informe
médico-, se permita xustificar a ausencia. De non acreditar a devandita
asistencia mínima, o/a alumno/a quedará automáticamente excluído do sistema de
avaliación continua, debendo, xa que logo, someterse ao sistema de avaliación
final. Para aprobar a materia mediante o sistema de avaliación continua, o
alumno deberá obter unha cualificación media de 5 ou superior. Ao ser as probas obrigatorias a
desenvolver liberatorias para as avaliacións de maio e xullo, esixiráselle o/a
alumno/a, ademais, que nas distintas probas desenvolvidas ao longo do
cuadrimestre obteña unha cualificación mínima superior a 4.

I. Avaliación maio:

A avaliación da materia ou nota
final será o resultado da suma das cualificacións acadadas nas seguintes probas
obrigatorias:

Probas tipo test (60% da nota final)

Nas datas que se concretarán na guía
docente ao comezo do cuadrimestre, os estudantes realizarán tres probas tipo test
de preguntas pechadas de elección múltiple (sinalando unha resposta entre un
número limitado de posibilidades). As citadas probas tipo test incluirán
preguntas de carácter teórico (contidos propios das clases maxistrais) e de
carácter práctico (contidos propios de grupos medianos e, no seu caso, de
accións titoriais).

Probas en grupos medianos (20% da
nota final)

No marco dos grupos medianos,
formularanse distintas tarefas -casos prácticos, cuestionarios…- que serán
entregadas segundo os prazos previstos no cronograma previamente facilitado.

Procederase á corrección das
devanditas tarefas na aula. Con todo, a efectos de cualificación,
seleccionaranse dous tarefas –idénticas para todos- entre todas as formuladas.

Presentación/exposición
de traballos (20% da nota final)

O
estudante presentará o resultado obtido na elaboración dun documento sobre a
temática da materia, na preparación de seminarios, investigacións, memorias,
ensaios, resumos de lecturas, conferencias, etc. Ao inicio do cuadrimestre concretarase a maneira
individual ou en grupo, de forma oral ou escrita…de levar a cabo a exposición

 II. Avaliación xuño-xullo:

Se o/a alumno/a tivese obtido unha
cualificación superior ao 5 nalgunha das probas obrigatorias desenvolvidas
durante o cuadrimestre (tipo test, grupos medianos ou exposición de traballos)
pero non acadase aprobar a materia na avaliación de maio por non obter unha
cualificación media superior ao 5, poderá conservar na avaliación de xuño-xullo
a cualificación das probas aprobadas. Neste caso, o estudante quedará exento na
avaliación final da proba ou da parte da proba superada. Porén, o/a alumno/a
poderá optar por someterse ao sistema de avaliación final.

En todo caso, a nota obtida na
avaliación continua non se conservará para convocatorias de cursos académicos
posteriores. O/a alumno/a deberá someterse a un novo proceso de
avaliación continua, agás que opte pola avaliación final teórica e práctica.

2. Sistema de avaliación  final. O/A alumno/a que non cumpra os
requisitos para acollerse ao sistema de avaliación continua ou que opte por non
facelo, terá dereito a ser avaliado en maio e en xuño-xullo mediante exame
final que representa o 100% da cualificación na materia. O citado exame final constará de dúas probas:

Proba de respostas de
desenvolvemento (80% da nota final)

Estudio de casos/análise de situacións (20% da nota final)

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000