Guia docente 2018_19
Facultade de Dereito
Grao en Dereito
 Materias
  Informática: Novas tecnoloxías aplicadas ao dereito
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas A avaliación das probas realizarase empregando rúbricas.

Resultados de aprendizaxe:
- Manexar ferramentas informáticas apropiadas para o desenvolvemento profesional no ámbito xurídico.
- Desenvolver habilidades e destrezas para a procura e tratamento da información xurídica
50 A1
A2
A3
A4
A5
C22
C23
D1
D4
Exame de preguntas obxectivas Realizaranse cuestionarios online presenciais.

Resultado de aprendizaxe:
- Coñecer e comprender os principios e conceptos básicos de Informática e a súa relación co Dereito
- Desenvolver habilidades e destrezas para a procura e tratamento da información xurídica
- Manexar ferramentas informáticas apropiadas para o desenvolvemento profesional no ámbito xurídico
40 A5
C22
C23
D1
D4
Probas de resposta curta Realizarase un exame de respostas curtas, opción múltiple e/ou relacionar.

Resultado de aprendizaxe:
- Coñecer e comprender os principios e conceptos básicos de Informática e a súa relación co Dereito
10 A2
A3
A5
C22
C23
D1
D3
D4
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
Observacións xerais
Lémbrase a todo o alumnado a prohibición do uso de dispositivos móbiles ou computadores portátiles en exercicios, prácticas e probas, en cumprimento do artigo 13.2.d) do Estatuto do Estudante Universitario, relativo aos deberes do estudantado universitario, que establece o deber de "Absterse da utilización ou cooperación en procedementos fraudulentos nas probas de avaliación, nos traballos que se realicen ou en documentos oficiais da universidade."

O alumno poderá elixir o sistema de avaliación que lle será aplicado na materia. Para iso debe optar, nos primeiros 15 días do cuadrimestre, entre avaliación para asistentes ou avaliación para non asistentes. Para tal fin, habilitarase un contrato que deberá ser asinado por todo aquel alumno que desexe seguir un método de avaliación para asistentes. Se algún alumno non asina este contrato enténdese que opta pola avaliación para non asistentes.

As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade para o curso 2018-19.

Criterios xerais de avaliación
A materia divídese en dous partes: contidos teóricos (20%) e contidos prácticos (80%).

Os contidos teóricos avaliaranse mediante probas de resposta curta (10%) e exame de preguntas obxectivas (10%).

A parte de contidos prácticos divídese en catro bloques:
1. Bases de datos xurídicas (15%) que se avaliará mediante exame de preguntas obxectivas.
2. Procesador de textos avanzado (15%) realizaranse probas prácticas que se avaliarán mediante rúbricas.
3. Folla de cálculo (15%) que se avaliará mediante exame/é de preguntas obxectivas.
4. Redes (35%) realizaranse probas prácticas que se avaliarán mediante rúbricas.

A nota final obterase aplicando a seguinte fórmula para o cálculo da media ponderada:
Nota teoría x 20% + nota bases de datos xurídicas x 15% + nota procesador de textos avanzado x 15% + nota folla de cálculo x 15% + nota redes x 35%

Será necesario, para poder aplicar esta fórmula, obter unha cualificación mínima de 4 en cada unha dos bloques nos que se divide a materia.

Para superar a materia o alumno debe obter, como nota final, unha cualificación igual ou superior a 5.
No caso de que a cualificación final sexa igual ou superior a 5, pero algunha das partes estea suspensa, a cualificación final será de 4.

Criterios de avaliación para asistentes 1ª edición de actas
Todos os alumnos que asinasen o contrato serán avaliados de maneira continua mediante a realización de probas e actividades, desenvolvidas ao longo do cuadrimestre, aplicando os criterios xerais de avaliación, descritos no apartado anterior.

Criterios de avaliación para non asistentes 1ª edición de actas
Todos os alumnos que non asinasen o contrato serán avaliados cun exame final único (100% da nota) que englobará todo o visto ao longo do cuadrimestre, aplicando os criterios xerais de avaliación descritos anteriormente.

Criterios de avaliación para 2ª edición de actas e fin de carreira
Na segunda oportunidade (Xullo) e na convocatoria de fin de carreira os estudantes serán avaliados cun exame final único (100% da nota) que englobará todo o visto ao longo do cuadrimestre, aplicando os criterios xerais de avaliación descritos anteriormente.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000