Guia docente 2018_19
Facultade de Dereito
Grao en Dereito
 Materias
  Dereito: Dereito constitucional I
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Estudo de casos Avaliarase a resolución de casos relacionados coa materia e as prácticas. Avaliaranse os diversos exercicios ou proxectos na aula baixa as directrices e supervisión do profesor. Pode estar vinculado o seu desenvolvemento con actividades autónomas do estudante. Utilizaranse no seu caso para medir o grao de coñecemento das materias, para o que se poderán utilizar probas de preguntas curtas e tipo test, o resultado dos debates e exposicións.

Resultado de aprendizaxe: O alumnado deberá alcanzar unha visión e comprensión do significado e elementos dunha Constitución, en particular da de 1978, os seus principios e valores estruturais básicos e a organización do sistema de poderes, as súas relacións entre estes e os cidadáns, así como os principios básicos do ordenamento xurídico e o sistema de fontes de Dereito na Constitución de 1978.
10 A2
A3
C30
C31
D1
D4
D5
Autoavaliación Probas obxectivas encamiñadas a que os estudantes poidan asumir e ser conscientes dos seus puntos fortes e débiles no seu propio proceso de apendizaxe.

Resultado de aprendizaxe: O alumnado deberá alcanzar unha visión e comprensión do significado e elementos dunha Constitución, en particular da de 1978, os seus principios e valores estruturais básicos e a organización do sistema de poderes, as súas relacións entre estes e os cidadáns, así como os principios básicos do ordenamento xurídico e o sistema de fontes de Dereito na Constitución de 1978.
10 A5
B1
B2
B3
C30
C31
D1
D4
D5
Traballo Avaliarase a presentación por escrito e defensa oral de traballos realizados sobre temas da materia propostos polo profesorado.

Resultado de aprendizaxe: O alumnado deberá alcanzar unha visión e comprensión do significado e elementos dunha Constitución, en particular da de 1978, os seus principios e valores estruturais básicos e a organización do sistema de poderes, as súas relacións entre estes e os cidadáns, así como os principios básicos do ordenamento xurídico e o sistema de fontes de Dereito na Constitución de 1978.
10 A2
A3
A5
B3
B4
C30
C31
D1
D4
D5
Exame de preguntas de desenvolvemento Avaliación do resultado final de aprendizaxe mediante o desenvolvemento de pregunta/s sobre os contidos da materia.

Resultado de aprendizaxe: O alumnado deberá alcanzar unha visión e comprensión do significado e elementos dunha Constitución, en particular da de 1978, os seus principios e valores estruturais básicos e a organización do sistema de poderes, as súas relacións entre estes e os cidadáns, así como os principios básicos do ordenamento xurídico e o sistema de fontes de Dereito na Constitución de 1978.
70 A5
B1
B2
B3
C30
C31
D1
D4
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Segondo o artigo 13.2 d) do Real Decreto 1791/2010, do 30 de decembro, polo que se aproba o Estatuto do estudante Universitario, os/as estudantes deberán "absterse da utilización ou cooperación en prodedementos fraudulentos nas probas de avaliación nos traballos que se realicen ou en documentos oficiais da universidade".

En relación coa materia, sempre será condición imprescindible para contabilizar a avaliación continua obter un mínimo de 5 sobre 10 na proba de desenvolvemento de resposta/s longa/s.

PRIMEIRA CONVOCATORIA:

A avaliación continua supón un 30% sobre o total da cualificación final e o exame suporá o 70% restante. Leste consistirá nunha proba de desenvolvemento de pregunta/s sobre o contido da materia.

Aqueles/as alumnos/as que, por circunstancias excepcionais persoais ou profesionais, non poidan participar de maneira presencial nalgunha/s da/s sesión/é prácticas no desenvolvemento do curso poderán, a xuízo do profesor, presentar un traballo acorde á/s prácticas correspondentes.

Aqueles alumnos que non sigan durante o curso o sistema de avaliación continua ou que non o superaron terán dereito a un  exame final que implicará por unha banda o desenvolvemento por escrito de pregunta/s longa/s do programa e suporá o 70% de cualificación final así como a realización dun suposto práctico que suporá o 30% da cualificación restante.

NA SEGUNDA CONVOCATORIA:

a) Aos alumnos que superando a avaliación continua non alcanzasen un cinco no exame de preguntas de desenvolvemento na primeira convocatoria conservaráselles a nota desta e realizaráselles un exame similar ao da primeira convocatoria.

b) Os alumnos que non sigan no desenvolvemento do curso a avaliación continua ou que non a superaron terán dereito a un exame final que constará de dous partes: unha teórica de preguntas de desenvolvemento sobre o contido do programa que suporá o 70% da nota (deberán obter nesta parte polo menos un mínimo de 5 puntos sobre 10) e unha pregunta práctica que suporá o 30% restante.

CONVOCATORIA FIN DE CARREIRA

A avaliación constará de pregunta/s de resposta longa e o desenvolvemento dun caso práctico. A/s pregunta/s de resposta longa valerán un 70% da nota final (deberán obter nesta parte polo menos un mínimo de 5 puntos sobre 10); o desenvolvemento dun caso práctico valerá o 30% da nota final.

NOTA: En caso de superar a avaliación continua pero non aprobar a materia, conservarase se se comunica ao profesor a nota de avaliación continua para o seguinte curso

As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade para o curso 2018-2019.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000