Guia docente 2018_19
Facultade de Dereito
Grao en Dereito
 Materias
  Economía: Principios de economía
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Proba escrita na que o alumno deberá solucionar unha serie de problemas e/ou exercicios nun tempo establecido polo profesor. Deste xeito, o alumno deberá aplicar os coñecementos adquiridos. Porase especial atención no resultado de aprendizaxe: Coñecemento dos principios económicos, dos mecanismos de toma de decisión económica por parte dos distintos axentes e a súa interacción no mercado. 40 A2
A3
C11
C12
D1
D3
Exame de preguntas obxectivas Probas para avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas
pechadas con diferentes alternativas de resposta (verdadeiro/falso, elección
múltiple, emparellamento de elementos...). Os alumnos seleccionan unha resposta entre un número limitado de posibilidades. Porase especial atención
no resultado de aprendizaxe: Coñecemento dos principios económicos, dos mecanismos de toma de decisión económica por parte dos distintos axentes e a súa interacción no mercado.
40 C11
C12
Traballo Os estudantes deberán ler un libro seleccionado polo profesor ao comenzo do curso. A temática do libro estará relacionada cos contidos explicados nas
sesións maxistrais. Nembargantes, tamén se procura que as lecturas teñan un
rol complementario, que poida aportar algún outro enfoque máis alá do
estrictamente económico, como por exemplo no eido histórico, xurídico,
político, sociolóxico, etc.
A avaliación da lectura do libro farase mediante un ensaio sobre algún tema relevante do libro que o alumno deberá redactar na aula. Ademáis dos
contidos, avaliarase tamén a redacción en xeral. En particular, a capacidade
de argumentación, cohesión no discurso, gramática e ortografía. Porase
especial atención no resultado de aprendizaxe: Coñecemento dos principios
económicos, dos mecanismos de toma de decisión económica por parte dos distintos axentes e a súa interacción no mercado.
20 A3
A4
D1
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

- Para a edición de xuño de 2019 haberá dúas formas de avaliación:

Opción A: O estudante pode acollerse ao sistema de avaliación continua que se acaba de expoñer. Entenderase que o
alumno se acolle a este sistema de avaliación continua cando se presente a probas que en conxunto representen máis do 50% na nota final
. Anunciarase a principio de curso un cronograma donde aparecen as datas das distintas probas de
avaliación continua.

Os alumnos que se acollan ao sistema de avaliación continua terán a
obriga de colocar unha fotografía tipo carné en Faitic antes da primeira
proba de avaliación e de acceder regularmente á plataforma de
teledocencia para estar así ao corrente das novedades que se produzan.

Opción B: O estudante que non se acolla o sistema de avaliación continua será avaliado mediante a realización dun examen
final de carácter escrito na data oficialmente establecida coas seguintes ponderacións: proba de preguntas obxectivas (40%), proba de resolución de exercicios (40%) e exame do libro de lectura (20%).

- Para a edición de xullo de 2019 haberá tamén dúas formas de avaliación:

Opción A: Os estudantes que se acolleran ao sistema de avaliación continua poderán conservar as notas dos tres tipos de
probas realizadas. Poderán subir nota nas seguintes partes: Proba de preguntas obxectivas (40%), Proba de resolución de
exercicios (40%) e/ou exame do libro (20%).

-Opción B: Os alumnos que non se acolleran ao sistema de avaliación continua terán dereito a un exame final que abarcará
unha proba tipo test (40%), unha proba de resolución de exercicios (40%) e un exame do libro de lectura (20%).

Fin de carreira:

O alumno que opte por examinarse en fin de carreira será avaliado
únicamente cun exame teórico-práctico que valerá o 100% da nota. 

As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes edicións son as especificadas no calendario de probas de
avaliación aprobado pola Xunta de Facultade de Dereito para o curso 2018-19. En caso de conflito, prevalecerán as datas
publicadas na páxina web da Facultade de Dereito.

É necesario traer o DNI ou documento análogo cando teña lugar a
realización dos exames. O incumprimento deste requisito pode ter como
consecuencia que o alumno non realice o exame en cuestión.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000