Guia docente 2018_19
Facultade de Dereito
Grao en Dereito
 Materias
  Empresa: Fundamentos de contabilidade e finanzas
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas de forma autónoma Realización dun/s casos prácticos de forma individual. Resultados de aprendizaxe: Alcanzar un coñecemento básico das ferramentas de rexistro contable, comprensión da lexislación contable e da información financeira publicada
polas empresas.
20 A3
B2
B4
C47
D1
Exame de preguntas obxectivas Ao longo do curso realizaranse dúas probas teórico practicas.
Realizarase un exame de respostas curtas.
Resultados de aprendizaxe: Alcanzar un coñecemento básico das ferramentas de rexistro contable, comprensión da lexislación contable e da información financeira publicada
polas empresas.
80 A2
A3
A4
A5
B4
C47
D1
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

CRITERIOS DE AVALIACION PARA ASISTENTES. 1º EDICIÓN DE ACTAS

Os alumnos que sigan a avaliación continua deberán realizar dúas probas escritas teorico-prácticas, que se farán

longo do cuadrimestre (80%) e entregar un ou varios casos prácticos realizado por cada alumno individualmente (20%). Para superar estas probas é necesario
alcanzar en cada unha delas unha puntuación de 5 sobre 10. A primeira proba terá unha valoración dun 40%, e a segunda dun 50%. Se considera que un alumno está en evaluación continua cando se presenta a algunha das probas parciais.

Se un estudante suspende algunha das dúas probas parciais expostas, poderase presentar na convocatoria
oficial de maio á proba suspensa.

Aqueles estudantes que optasen pola
avaliación continua, en maio serán avaliados polas notas
obtidas nos exames e nos casos prácticos. Se un alumno ten que recuperar algún examen, e non o supera, esta será a nota que aparecerá no seu expediente.

CRITERIOS DE AVALIACION PARA NON ASISTENTES. 1º EDICIÓN DE ACTAS

 Se o alumno non seguiu a avaliación continua será cualificado coa nota que sacase no exame. É necesario sacar un 5 sobre 10 puntos para superar a materia

CRITERIOS DE AVALIACION. 2º EDICIÓN DE ACTAS E FIN DE CARREIRA

 Os estudantes que se presentan en xullo e fin de carreira examinaráselle da
totalidade da materia. É necesario sacar un 5 sobre 10 puntos para superar a materia

As
datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias
son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta
de Centro para o curso 2018-2019.

No caso de conflito ou disparidade entre as datas dos exames prevalecerán as sinaladas na páxina web da facultade.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000