Guia docente 2015_16
Facultade de Dereito
Grao en Dereito
 Materias
  Dereito: Introdución ao dereito civil e dereito da persoa
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Estudo de casos/análises de situacións Análise dun feito, problema ou caso real, coa finalidade de coñecelo, interpretalo, resolvelo, e xerar hipótese. Posteriormente, será obxecto de exposición e debate polos alumnos. 20 A2
A3
A4
B1
B4
C46
D1
D2
D3
D4
D5
Probas de resposta curta Preguntas de resposta breve sobre aspectos fundamentais da materia da materia, e acerca de relacións entre os distintos coñecementos adquiridos. 80 A2
B1
B4
C46
D1
D2
D3
D4
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumno que non se acolla á avaliación continua terá que facer, na primeira edición, un exame final no que se lle formularán, en relación cos contidos da materia, preguntas de resposta curta. A cualificación máxima deste exame será dun 80% do total. Acto seguido, terá que resolver un caso práctico, cuxa cualificación máxima será dun 20% do total. 

O sistema de avaliación na segunda edición, tanto para o alumno que se acolla á avaliación continua, como para o que non se acolla, consistirá na realización dunha proba de resposta curta, coa cualificación indicada no parágrafo anterior. Gardaranse e aplicarán as outras cualificacións que tivese o alumno que se acolleu á avaliación continua. O alumno que non se acolleu á avaliación continua ha de resolver, acto seguido, un  caso práctico, coa cualificación descrita no parágrafo anterior.

O exame de fin de carreira levará a cabo da mesma maneira que o do alumno que non se acolleu á avaliación continua.

As datas dos exames nas distintas convocatorias serán as aprobadas na correspondente Xunta de Facultade, para o curso 2015/16.

      

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000