Guia docente 2018_19
Facultade de Dereito
Grao en Dereito
 Materias
  Dereito mercantil I
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas de desenvolvemento Proba na que se debe responder a unha serie de preguntas directas sobre os contidos da asignatura. Evalúa o grado de coñecemento adquirido respecto dos temas indicados no apartado "resultados da aprendizaxe" desde un punto de vista principalmente teórico. 70 A3
A4
A5
B1
B2
B4
C3
C4
Resolución de problemas Proba que consiste na resolución de un ou varios exercicios prácticos na que o enfoque principal se poñe na aplicación dos contidos da asignatura. Avalía o grado de coñecemento adquirido ao respecto dos temas indicados no apartado "resultados da aprendizaxe" desde un punto de vista principalmente práctico.
A proba inclúe a exposición e, no seu caso, o debate sobre os argumentos e conclusións alcanzados no exercicio, que serán tidos en conta para a nota global da mesma.
30 A2
A3
A5
B4
C4
D3
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
SISTEMAS DE AVALIACIÓN

Os estudantes poderán optar por un sistema de avaliación continua ou por un sistema de avaliación non continua. Os que se acollan ao primeiro terán a consideración de "asistentes"; os que elixan o segundo, a de "non asistentes". A opción por un sistema ou outro é libre. Quen desexen seguir o de avaliación continua deberán manifestalo durante as dúas primeiras semanas de clase, apuntándose nunha lista e entregando a ficha en papel. Poderá renunciarse á opción en calquera momento.

1ª EDICIÓN DAS ACTAS
A) ASISTENTES. Durante o período de clases, deberán entregar puntualmente os exercicios prácticos que se esixan. Da cualificación do conxunto dos mesmos resultará o trinta por cento da nota final. O setenta por cento restante obterase dun exame teórico formado por unha serie de preguntas directas sobre o contido da asignatura.
B) NON ASISTENTES. A nota obterase nun só exame, composto de dúas partes. A primeira constará dunha serie de preguntas de carácter teórico e computará un setenta por cento da cualificación. A segunda suscitará un ou varios supostos prácticos e computará o trinta por cento restante.

2ª EDICIÓN DAS ACTAS
A) ASISTENTES. Gardarase a nota obtida por avaliación continua, así como o seu peso na cualificación final. O setenta por cento restante obterase dun exame formado por unha serie de preguntas sobre o contido da asignatura.
B) NON ASISTENTES. Deberán realizar un exame composto dunha parte teórica e outra práctica. A primeira consistirá nunha serie de preguntas directas sobre o contido da asignatura e computará o setenta por cento da nota final. A segunda, nun ou varios exercicios prácticos e contará o trinta por cento restante.

FIN DE CARREIRA
TODOS os estudantes deberán realizar un só exame de estrutura idéntica á prevista nos apartados anteriores para os NON ASISTENTES.

DATAS DAS PROBAS DE AVALIACIÓN
As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade para o curso 2018/2019.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000