Guia docente 2016_17
Facultade de Dereito
Grao en Dereito
 Materias
  Dereito internacional privado
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Probas de tipo test Probas para avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta (verdadeiro/falso, elección múltiple, emparellamento de elementos...) ás que se refire o punto 2. Os alumnos seleccionan unha resposta entre un número limitado de posibilidades.
Resultado da aprendizaxe: o alumnado adquire as competencias descritas, particularmente as indicadas como específicas da materia.
15 A2
A3
A5
B1
B2
B4
C1
C2
D5
Probas de resposta curta Probas parciais descritas no punto 3º infra. Poderase realizar algún control deste tipo no marco do punto 2º infra.
Resultado da aprendizaxe: o alumnado adquire as competencias descritas, particularmente as indicadas como específicas da materia.
60 A2
A3
A5
B1
B2
C1
Resolución de problemas e/ou exercicios Proba na que o alumno debe solucionar unha serie de problemas e/ou exercicios nun tempo/condiciones establecido/as polo profesor. Desta maneira, o alumno debe aplicar os coñecementos que adquiriu. Ver punto 2 infra. 15 A3
B4
C2
D5
Outras Valórase a asistencia a clase e a participación do alumnado nas distintas actividades, debates ou exposicións. Rexístrase a asistencia para evidenciar a adquisición das competencias como resultado da aprendizaxe. 10 A4
D1
D2
D3
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1. Valórase a asistencia a clases teóricas e prácticas, ata un 10% da cualificación final. Para obter tal valoración é necesario acudir como mínimo ao 85% das mesmas.

2.- Realizaranse diversos controis teórico-prácticos non liberatorios ao longo do curso e que, conxuntamente, suporán o 30% da cualificación fiinal.

3.- Haberá, ademais dos anteriores, tres exames parciais que suporán o 60% da cualificación total, liberatorios se se aproban, podendo ser orais ou escritos, segundo indique o profesor. Para seguir en avaliación continua o alumnado debe aprobar o primeiro deles.

4.- O alumnado que non desexe, ou non poida seguir o sistema de avaliación continua descrito, poderá presentarse a un exame final único teórico-práctico que suporá o 100% da cualificación (50% parte teórica, 50% parte práctica). A parte teórica poderá ser oral ou escrita, segundo indique o profesor. Este sistema aplicarase tamén na convocatoria extraordinaria de fin de carreira.

EXAMES: As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade para o curso 2016-17 publicadas en www.dereito.uvigo.es e de acordo co cronograma da materia.

O alumnado que, a xuízo do profesor, non respecte os compromisos éticos adquiridos coa Universidade de Vigo, no referente á realización de probas, quedará automaticamente excluído da avaliación continua, sen prexuízo doutras actuacións ás que puidese dar lugar a súa conduta.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000