Guia docente 2018_19
Facultade de Dereito
Grao en Dereito
 Materias
  Dereito penal e procesual de menores
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas obxectivas No sistema de avaliación continua levarán a cabo dous probas tipo test de contido teórico. A primeira proba referirase aos temas 1 a 4 e a segunda aos temas 5 a 9.

Cada proba realizarase na data fixada polo profesor.

A nota media de ambas as probas constituirá o 50% da cualificación final.

No sistema de avaliación final realizarase unha proba tipo test de contido teórico que constituirá o 50% da cualificación final e que se realizará na data e hora aprobada pola Xunta de Facultade.

Resultados de aprendizaxe: Coñecemento das particularidades do Dereito penal de menores.
O coñecemento por parte do estudante das especialidades do proceso penal de menores e a súa aplicación práctica.
50 B3
C71
C72
Resolución de problemas No sistema de avaliación continua levarán a cabo unha proba consistente na resolución dun caso práctico relacionado cos contidos das Leccións 1 a 9.

A proba realizarase na data e hora aprobada pola Xunta da Facultade .

A nota da devandita proba constituirá o 30% da cualificación final.

No sistema de avaliación final realizarase unha proba consistente na resolución dun caso práctico relacionado cos contidos das Leccións 1 a 9 e que constituirá o 50% da cualificación final.

Realizarase na data e hora aprobada pola Xunta de Facultade.

Resultados de aprendizaxe: Coñecemento das particularidades do Dereito penal de menores.
O coñecemento por parte do estudante das especialidades do proceso penal de menores e a súa aplicación práctica.
30 A2
A3
B3
B4
C72
D5
Traballo No sistema de avaliación continua realizarase un proxecto ou traballo, en grupo e de acordo coas instrucións do profesor.

Este traballo ou proxecto presentarase na data fixada polo profesor e a súa nota constituirá o 20% da cualificación final.

Resultados de aprendizaxe: Coñecemento das particularidades do Dereito penal de menores.
O coñecemento por parte do estudante das especialidades do proceso penal de menores e a súa aplicación práctica.
20 A2
A3
B3
B4
D1
D3
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumno terá a oportunidade de ser avaliado polo sistema de avaliación continua ou polo sistema de avaliación final.

1. CRITERIOS DE AVALIACIÓN PARA ASISTENTES 1ª EDICIÓN DE ACTAS

Que alumnos poden someterse ao sistema de avaliación continua?

Unicamente poderá someterse ao sistema de avaliación continua quen realice as dúas probas tipo test de contido teórico, a proba de resolución de caso práctico e o proxecto ou traballo en grupo e de acordo coas instrucións do profesor. Se algún alumno non se presenta a algunha das probas o traballo que se estabrecen para a avaliación continua, obterá unha nota de 0 en dita proba, ainda que continuará dentro da avaliación continua.

En que consistirá a avaliación polo sistema de avaliación continua?

Realizaranse as seguintes probas:

- Dous probas tipo test nas datas fixadas polo profesor. Estas probas terán un contido teórico. A nota media de ambas constituirá o 50% da cualificación final.

- Unha proba de resolución de caso práctico na data e hora aprobada pola Xunta da Facultade. A nota desta proba constituirá o 30% da cualificación final.

- A realización e presentación dun proxecto ou traballo en grupo e de acordo coas instrucións do profesor. O proxecto ou traballo presentarase na data fixada polo profesor. A nota desta actividade constituirá o 20% da cualificación final.

Para superar a materia polo sistema de avaliación continua, sera necesario obter unha cualificación mínima de 5 puntos sobre 10 nas dúas probas teóricas, na proba de resolución de caso práctico e no proxecto ou traballo en grupo.

 

2. CRITERIOS DE AVALIACIÓN PARA NON ASISTENTES  1ª EDICIÓN DE ACTAS

Que alumnos poden someterse ao sistema de avaliación final?

Poden someterse ao sistema de avaliación final os alumnos que non se presentaron á totalidade das probas previstas para o sistema de avaliación continua.

En que consistirá a avaliación polo sistema de avaliación final?

Realizaranse as seguintes probas:

- Unha proba tipo test na datas e hora aprobada pola Xunta de Facultade. Esta proba terá un contido teórico e a nota obtida na mesma constituirá o 50% da cualificación final.

- Unha proba de resolución de caso práctico na data e hora aprobada pola Xunta de Facultade. A nota desta proba constituirá o 50% da cualificación final.

Para superar a materia polo sistema de avaliación final, sera necesario obter unha cualificación mínima de 5 puntos sobre 10 na proba teórica e na proba de resolución de caso práctico .

 

3. CRITERIOS DE AVALIACIÓN PARA 2ª EDICIÓN DE ACTAS E FIN DE CARREIRA

Realizaranse as seguintes probas:

- Unha proba tipo test na data e hora aprobada pola Xunta de Facultade. Esta proba terá un contido teórico e a nota obtida na mesma constituirá o 50% da cualificación final.

- Unha proba de resolución de caso práctico na data e hora aprobada pola Xunta de Facultade. A nota desta proba constituirá o 50% da cualificación final.

Para superar a materia polo sistema de avaliación final, sera necesario obter unha cualificación mínima de 5 puntos sobre 10 na proba teórica e na proba de resolución de caso práctico 

As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade para ou curso 2018-19.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000