Guia docente 2018_19
Facultade de Dereito
Grao en Dereito
 Materias
  Traballo de Fin de Grao
   Contidos
Tema Subtema
Variables, en función do tema escollido polo/a estudante para o seu TFG, sempre dentro dos contidos abarcados ao longo dos estudos do Grao en Dereito. .
O TFG consiste en un traballo académico (como, por exemplo, un traballo de investigación, unha proposta e unha solución de un caso práctico, un comentario jurisprudencial etc.) orixinal e inédito en galego ou en castelán sobre temática xurídica.
O TFG deberá realizarse de modo persoal, autónomo e individual, seguindo as orientacións de un titor académico, e poderá revestir unha orientación teórica e/ou práctica. Sen prejuício do anterior, excepcionalmente, se a envergadura e a estrutura do traballo o permite, e tras a autorización da comisión, dous alumnos poderán compartir titor e traballo, pero cada un deles deberá presentar e defender o traballo separadamente. Ademais, serán avaliados de modo individual, en aplicación á parte correspondente a cada estudante, dos criterios detallados nos párrafos seguintes.

O TFG estará orientado a mostrar a capacidade de integración dos diversos contidos formativos recibidos e a adquisición das competencias requiridas
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000