Educational guide 2017_18
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Dirección de operacións
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Estudo de casos/análises de situacións Probas nas que o alumno debe solucionar unha serie de casos, problemas e exercicios nun tempo e condicións establecidos polo profesor. Desta maneira, o alumno debe aplicar os coñecementos que adquiriu.

A demostración das competencias adquiridas en cada actividade levarase a cabo presencialmente durante o período lectivo.

Correspóndense coas horas prácticas da materia recollidas nos grupos medianos.
40 B1
B2
B10
B11
B13
B14
C6
C12
D5
Titoría en grupo Entrevistas que o alumno mantén co profesorado da materia para asesoramento/desenvolvemento de actividades da materia e do proceso de aprendizaxe.
Correspóndense coas horas prácticas da materia recollidas nos grupos pequenos.
10 B1
B2
B10
B11
B13
B14
C6
C12
D5
Outras Probas para avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas sobre un aspecto concreto. Os alumnos deben responder de maneira razoada en base aos coñecementos que teñen sobre a materia. 50 B1
B2
B10
B11
B13
B14
C6
C12
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O conxunto de probas especificado arriba constitúe o sistema de avaliación continua. Para superar a avaliación continua será obrigatorio a realización dos traballos e de todas as probas citadas anteriormente. Para que as probas de avaliación, sexan tidas en conta na nota final da materia, o alumno debe obter en cada proba ou conxunto de probas como mínimo o 50% do valor asignado a ditas probas.

Para superar a materia é necesario superar o exame final e acadar un mínimo de 5 puntos sobre 10 na materia.

O resultado da avaliación expresaráse unha escala de 0 a 10 puntos. No caso de superar o exame, a nota final da materia resultará da suma da nota acadada no exame e das notas dos traballos realizados nas prácticas e as actividades presenciais.

No caso de non superar o exame, a nota final da materia será a resultante de expresar a nota do exame final nunha escala de 10 puntos.

Para aqueles alumnos que non sigan a avaliación continua o sistema de avaliación será unha proba global de toda a materia que valerá o 100% da nota.

Condutas inadecuadas, contrarias e prexudiciais á convivencia e á súa corrección, poderán ser sancionadas coa perda do dereito á avaliacióncontinua por parte do estudante responsable.

Calquera evidencia de traballos e probas plaxiados ou copiados suporá unha cualificación de suspenso en todas as convocatorias do curso académico.

IMPORTANTE: As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes
convocatorias son as especificadas no calendario de probas de
avaliación aprobado pola Xunta de Centro da Facultade de CC. Empresariais e Turismo para o presente curso académico. Non obstante, o calendario pode ser modificado ó longo do curso por
algún imprevisto. Consulten a páxina web da Facultade por se hai cambios no mesmo. No caso de conflito ou
disparidade entre as datas dos exames, prevalecerán as sinaladas na páxina web da Facultade (http://fcetou.uvigo.es/index.php/gl/exames).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000