Guia docente 2015_16
Facultad de Ciencias Empresariales y Turismo
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Dirección comercial II
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Estudo de casos/análises de situacións Realizarase 2 casos prácticos 20 B1
B5
B9
C14
Presentacións/exposicións Realizarase 1 debate 10 B1
B5
B9
C14
Traballos tutelados En GPs 10 B1
B5
B13
C14
Probas de resposta curta Nas datas de exame 60 B1
B5
B13
C14
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para aprobar a materia requírese superar, indistintamente, cada unha das dúas partes: teórica (a través do exame final), ou práctica (a través da avaliación continua mediante os casos prácticos ou a través do exame final). É dicir, esíxese un mínimo do 50% en cada unha das partes para poder facer media coa outra parte. A puntuación obtida pola participación así como a realización e entrega de todas aquelas tarefas establecidas polo profesor (casos, exercicios, supostos, exposicións, memorias, ...), mantense nas convocatorias de Xuño e Xullo pero NON se gardará para cursos sucesivos. 

Aqueles alumnos que non cumpran os requisitos esixidos de participación e/ou asistencia á materia así como de entregas de tarefas propostas e, por tanto, non superen a materia terán dereito a un exame, que non necesariamente coincidirá co exame do resto dos alumnos. Os alumnos que opten por seguir a avaliación NON continua serán examinados mediante unha proba escrita valorada sobre 10 puntos, que non necesariamente coincidirá co resto dos alumnos. Neste caso, os alumnos deben indicar expresamente o seu desexo de non seguir a avaliación continua a principio de curso (durante o mes de setembro).

As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Centro para o curso 2015-16.

Condutas inadecuadas, contrarias e prexudiciais á convivencia e á súa corrección, poderán ser sancionadas coa perda do dereito á avaliación continua por parte do estudante responsable.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000