Guia docente 2015_16
Facultad de Ciencias Empresariales y Turismo
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Xestión da innovación
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballos de aula Avaliación de actividades dirixidas (traballos, exercicios, casos, etc.) 40 B1
B9
B10
C12
C16
D2
Estudo de casos/análises de situacións Avaliación do traballo de curso sobre unha innovación. 30 B5
B9
B10
C16
D2
D5
Probas de resposta curta Exame a celebrar a final de curso, na data oficial establecida polo centro. 30 C5
C12
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O conxunto de criterios de avaliación arriba exposto constitúe o sistema de avaliación continua para a convocatoria de xaneiro.

Para superar a avaliación continua é obrigatoria a realización do 100% dos traballos e probas a realizar na materia. Ademais é preciso obter como mínimo un 5 sobre 10 en cada un dos tres bloques de actividades a avaliar.

Segunda convocatoria (xullo):

Alternativa a) Exame global dos contidos da materia no mes de xullo. A cualificación do exame será o 100% da nota.

Alternativa b) Só para os estudantes que teñan seguido a avaliación continua e non teñan superado o exame e/ou o traballo de curso. Poderán recuperar exame e/ou traballo suspendidos, na data oficial de xullo establecida para a avaliación da materia.

As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Centro para o curso 2015-2016.

No caso de conflito ou disparidade entre datas dos exames prevalecerán as sinaladas na páxina web da FCETOU.

Observación importante:

Calquera evidencia de probas ou traballos plaxiados ou copiados suporá unha cualificación de suspenso nas dúas convocatorias.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000