Guia docente 2015_16
Facultad de Ciencias Empresariales y Turismo
Grao en Turismo
 Materias
  Economía: Introdución á economía
   Atención personalizada
Metodoloxías Descrición
Resolución de problemas e/ou exercicios Metodoloxía que permite ao alumnado aprender de forma efectiva a través da realización de actividades de carácter práctico tales como exercicios e supostos mediante o uso do aprendido nas leccións maxistrais. A resolución dos devanditos supostos será guiada polo profesor. Os obxectivos desta técnica son: alcanzar unha maior competencia dos contidos aprendidos na teoría e ilustrar as súas posibles aplicacións. Os alumnos disporán ademáis das seguintes vías de atención personalizada: - Titorías individuais: Estas titorías terán lugar no despacho 5.4 da Facultade de C. C. Empresariais e Turismo. O alumno diporá de 6 horas semanais, previamente fixadas polo profesor nas que poderá facer consultas relacionadas coa materia. O horario das titorías farase público ó comezo do curso académico. - Titorías vía correo electrónico: O alumno poderá escribir ó correo electrónico molina@uvigo.es para consultar dúbidas urxentes que supoñan respostas de carácter breve. - Plataforma de docencia TEMA: O alumno tamén poderá consultar na plataforma TEMA: http://faitic.uvigo.es. Nela están dispoñibles os recursos pedagóxicos da materia e tamén se poden facer chegar as dúbidas que se consideren oporturnas.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000