Guia docente 2015_16
Facultad de Ciencias Empresariales y Turismo
Grao en Turismo
 Materias
  Economía: Introdución á economía
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Probas de tipo test Probas para avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta (verdadeiro/falso, elección múltiple, emparellamento de elementos...). Os alumnos seleccionan unha resposta entre un número limitado de posibilidades. 37.5 A1
A2
B2
C1
C2
C4
Resolución de problemas e/ou exercicios Proba na que o alumno debe solucionar unha serie de problemas e/ou exercicios nun tempo establecido polo profesor. Deste xeito, o alumno debe aplicar os coñecementos que adquiriu.
37.5 A3
A4
B2
B3
B5
B7
B10
C1
C2
C9
C10
D5
Traballos e proxectos Os estudantes deberán ler capítulos de dous libros de economía seleccionados polo profesor que estarán estreitamente relacionados cos contidos explicados nas sesións maxistrais.
A avaliación das lecturas celebrarase nos grupos GP mediante un ensaio que as alumnas e os alumnos deberán desenvolver. Nembargantes, é posible que a proba sexa oral en vez de escrita, se o número de estudantes o permite.
25 A3
A4
A5
B2
B3
B5
B7
B8
B9
C1
C2
C10
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

As/os estudantes poderán escoller entre dous sistemas de avaliación: avaliación continua e avaliación mediante un exame final.

-Avaliación continua: Os alumnos que seguen a evaluación continua terán que realizar catro probas ao longo do curso. Tres de elas consistirán en exames que misturan as modalidades de tipo test e resolución de exercicios, otorgando a mesma ponderación a ambas modalidades. A cuarta proba consitirá en en un examen tipo ensaio donde o estudante debe desenvolver un tema extraido das lecturas sobre capítulos dos dous libros de economía que seguen:

- HARFORD, TIM, El Economista Camuflado, Penguin Random House Grupo, Barcelona, 2014.

- ACEMOGLU, DARON y JAMES A. ROBINSON, Por qué fracasan los países, Ediciones Deusto, Barcelona, 2012.

Os capítulos concretos serán anunciados ao comenzo do curso. A avaliación de estas lecturas podería consitir dun exame oral (en vez de escrito) se as condicións do número de alumnado o permite.

Enténdese que se opta pola avaliación continua se o estudante se presenta á primeira destas probas. A nota final da materia virá dada pola media aritmética das catro probas, non habendo nota mínima ou de corte en ningunha delas. Como é habitual, a nota media mínima para aprobar a materia será 5 puntos dun máximo de 10.

As datas das probas da avaliación continua serán anunciadas ao longo do curso coa suficiente antelación.

-Exame final de maio: No caso de que o estudante non se acolla ao sistema de avaliación continua, poderá facer un exame final na data oficialmente establecida e acadar unha puntuación entre 0 e 10 puntos. Non poderán presentarse a este exame os alumnos que suspenderan pola vía da avaliación continua. O exame manterá as mesmas ponderacións dos diversos contidos que na avaliación continua. En particular, as lecturas obrigatorias ponderarán un 25%.

As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de probas de avaliación da Xunta de Facultade para o ano 2015-2016. En caso de conflicto, prevalecerán as datas publicadas na páxina web da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo.

Segunda convocatoria: Aqueles alumnos que non superaran a materia en maio (vía avaliación continua ou exame final) terán unha segunda oportunidade en xuño/xullo e deberán realizar un exame final de similares características ás do exame final de maio. Novamente terán a posibilidade de acadar unha puntuación máxima de 10 puntos nesta convocatoria.

Nota: É necesario traer o DNI ou documento análogo cando teña lugar a realización dos exames. O incumprimento deste requisito pode ter como consecuencia que o alumno non realice o exame en cuestión. Con carácter xeral, será necesario o uso de calculadora nas clases da materia e nos exames.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000