Guia docente 2015_16
Facultad de Ciencias Empresariales y Turismo
Grao en Turismo
 Materias
  Dereito: Lexislación turística
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Probas de resposta curta Probas para avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas directas sobre un aspecto concreto. Os alumnos deben responder de xeito directo e breve sobre a base dos coñecementos que teñen sobre a materia. 60 A1
A2
A3
A4
A5
B8
B9
C1
C8
C13
D2
Resolución de problemas e/ou exercicios Probas nas que os alumnos deben solucionar unha serie de problemas e/ou exercicios, realizar probas tipo test, realizar e/ou expoñer un traballo sobre un tema determinado nun tempo/condicións establecido/as polo profesor, etc. 40 A1
A2
A3
A4
A5
B8
B9
B10
C12
D1
D2
D4
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias serán as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Centro para o curso 2015-2016.

Primeira oportunidade de exame

1.- Ao inicio do curso, o/a alumno/a deberá manifestar a súa intención de acollerse ao sistema de avaliación continua. A tal fin, os/as profesores da materia proporcionaránlle un documento que o/a alumno/a deberá cumprimentar e asinar nun determinado prazo.

2.- O/a alumno/a que se acolla ao sistema de avaliación continua, entregando o documento sinalado, será avaliado consonte os criterios máis arriba indicados (distintas probas ao longo do curso -40% da calificación- e proba final obxectiva -60%) e non terá dereito a ser avaliado mediante exame final que represente o 100% da calificación da materia.

3.- O/a alumno/a que non asine dito documento non terá dereito a ser avaliado consonte ao sistema de avaliación continua. Avaliarase mediante unha proba final obxectiva que representará o 100% da súa calificación final.

Segunda oportunidade de exame

1.- No exame de xuño/xullo só se realizará unha proba final obxectiva. Aos alumnos que se someterán ao  sistema de avaliación continua conservaráselle a nota de dito sistema. Esto è, se o/a alumno/a non aprobase a materia na primeira oportunidade de exame, conservaríasellese a nota do proceso de avaliación continua en xuño/xullo. Pero se non aprobase a materia nos dous citados exames do curso académico, pasando a outro diferente, tería obrigatoriamente que someterse de novo ao proceso de avaliación continua e realizar a proba final obxectiva.

Exame fin de carreira

Para o exame de fin de carreira non se conservará a cualificación de avaliación continua. O exame consistirá nunha proba final obxectiva que que representará o 100% da súa calificación final.

NOTA IMPORTANTE: Para aprobala materia, o/a alumno/a deberá superar cada un dos tres bloques temáticos nos que se divide aquéla. Ademáis, a cualificación final correspondente a cada un destes bloques temáticos calcularase tendo en conta a obtida nas probas finais obxectivas e a correspondente ao sistema de avaliación continua -pero para que poidan compensarse entre sí ámbalas dúas calificacións será preciso obter unha puntuación mínima de 3 sobre 10 na proba final obxectiva-. 

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000