Guia docente 2016_17
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Grao en Turismo
 Materias
  Economía aplicada ao turismo
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Probas de tipo test Consistirán na realización de cuestionarios vinculados ás sesións Maxistrais, Prácticas de Laboratorio, Lecturas, Debates e demais exercicios complementarios propostos. 50 A1
A3
A4
A5
B3
B8
C1
C2
C10
Probas de resposta curta Consistirán na realización de probas de resposta curta vinculados ás sesións Maxistrais, Prácticas de Laboratorio, Lecturas, Debates e demais exercicios complementarios propostos. 30 A2
A3
A4
A5
B3
B5
B8
B9
B10
D3
Observación sistemática Basearase na participación do alumnado nas actividades de avaliación continua propostas durante o curso, incluida a entrega de traballos de tipo voluntario propostos durante o período docente. 20 A4
A5
B1
B2
B5
B7
B8
B9
B10
C10
D3
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A avaliación da materia será continua. A nota final confígurase a partir de probas test e de resposta curta sobre os contidos da materia, e a partir da observación da participación do alumnado nas actividades do curso (asistencia e participación activa nas clases, entrega de actividades voluntarias). O alumnado que supere a materia mediante avaliación continua non precisará presentarse ó exame final da materia.

Aqueles alumnos que non acaden un rendemento satisfactorio mínimo poderan ser suspendidos do sistema de avaliación continua antes de rematar o curso. Poderá realizarse unha  primeira avaliación de rendemento no primeiro mes do curso. Asimesmo, é preciso presentarse a todas as probas e actividades avaliables (excepto ás actividades calificadas como voluntarias) para ter a posibilidade de ser avaliado/a mediante avaliación continua. As actividades voluntarias non entregadas non impiden ser avaliado/a por avaliación continua pero si impiden acceder ó 20% da nota calificada como "observación sistemática".

Cando non proceda a avaliación continua realizarase un exame final, que poderá incluír preguntas de tipo test e de resposta curta/problemas sobre o contido das clases maxistrais, das prácticas de aula informática, das lecturas e debates e demais exercicios e tarefas do curso. Neste caso a nota da parte test do exame constituirá o 60% da nota final e a parte de resposta curta o 40%.

O exame correspondente á segunda e posteriores convocatorias seguirá o mesmo modelo que o exame final.

Os estudantes que non participen na avaliación continua nin realicen o exame final, figurarán nas actas como non presentados. O alumnado que suspenda a avaliación continua e non se presenten ó exame final, figurará nas actas como suspenso. O alumnado que aprobe a avaliación continua e desexe subir nota, poderá presentarse ó exame final (nese caso a nota do exame final sustituirá a todos os efectos á nota obtida mediante avaliación continua).

As datas e horarios das probas de
avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de
probas de avaliación aprobado pola Xunta de Centro para o curso 2016-2017. En
caso de conflito ou disparidade entre as datas dos exames, prevalecerán as
sinaladas na páxina web da FCETOU.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000