Aplicarase un sistema de
avaliación que pode seguir dous modos: 1) AVALIACIÓN CONTINUA Consistirá nunha
avaliación durante todo o cuadrimestre, na que se valorará a participación en
clase, a resolución de exercicios e traballos en grupo e individuais. Ademáis o alumno que siga este sistema de avaliación realizará unha exame final
"abreviado" teórico da materia (será tipo test sendo o valor desta proba como máximo do 50% da nota final, debendo de
ter o alumnado, neste caso, un mínimo de puntos en cada parte: avaliación
durante o curso e exame) . Esta modalidade é
aplicable nas convocatorias do mesmo curso académico. 2) AVALIACIÓN NON
CONTINUA Poderán optar a ela
todos os os alumnos non acollidos a modalidade de avaliación anterior.
Consistente nunha exame teórico-práctico de toda a materia do curso. NOTA.- O reparto de %
dos sistemas de cualificación reflicten o caso de avaliación continua.
As datas e horarios das
probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no
calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Centro para o curso
2015-2016. |