Guia docente 2015_16
Facultad de Ciencias Empresariales y Turismo
Grao en Turismo
 Materias
  Patrimonio cultural
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Sesión maxistral Exposición por parte do profesor dos contidos sobre a materia obxecto de estudo, bases teóricas e/ou directrices dun traballo, exercicio ou proxecto a desenvolver polo estudante.
Nestas sesións tamén se incluirán algunhas dinámicas como puzzles ou análise de textos que axuden e dinamicen a comprensión e asimilación dos conceptos teóricos da materia.
Seminarios O alumnado, de maneira individual ou en grupo, elabora un
documento sobre a temática da materia ou prepara
seminarios, investigacións, memorias, ensaios, resumos de
lecturas, conferencias, etc.
Saídas de estudo/prácticas de campo Actividades de aplicación dos coñecementos a situacións concretas e de adquisición de habilidades básicas e procedimentais relacionadas coa materia obxecto de estudo. Desenvólvense en espazos non académicos exteriores.
Entre elas pódense citar prácticas de campo, visitas a eventos, centros de investigación, empresas, institucións... de interese académico-profesional para o alumnado.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000