Avaliación continua: 1.- Probas descritas obxecto de cualificación que configurarán o 50% da nota. Para a segunda convocatoria, de presentarse, manterase a cualificación destas probas. 2.- Exame escrito, composto por parte práctica e teórica, que configura o 50% restante da nota. Este celebrarase ao final cuadrimestre. Esíxese un nivel mínimo obrigatorio para superalo. A cualificación do alumno ou alumna que non supere os mínimos contemplados na proba será de suspenso. Os alumnos que non superen o paso 1 da avaliación continua, e os que non a seguiron, serán avaliados cun exame de carácter global sobre os coñecementos de todos os contidos da materia, destrezas na práctica e adaptación a novas situacións. Esíxese un nivel mínimo obrigatorio para superalo. A cualificación do alumno ou alumna&*nbsp;que non supere os mínimos contemplados na proba será de suspenso. Condutas inadecuadas, contrarias e prexudiciais á convivencia poderán ser sancionadas coa perda do dereito á avaliación continua por parte do estudante responsable. _____________________________________________________________________________________________ Para a segunda convocatoria, realizarase unha proba escrita presencial que valorará as competencias do alumno ou alumna sobre a materia, esixindo un nivel mínimo para superar a mesma. A cualificación do alumno ou alumna que non supere os mínimos contemplados na proba será de suspenso. __________________________________________________________________________________________________ As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Centro da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo para o curso 2015-2016. En caso de conflito ou disparidade entre as datas dos exames, prevalecerán as sinaladas na páxina web da FCETOU. |