Guia docente 2015_16
Facultad de Ciencias Empresariales y Turismo
Grao en Turismo
 Materias
  Fiscalidade de empresas turísticas
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas autónomas a través de TIC Avaliación dos cuestionarios completados polo alumno. Poden corresponder tanto á parte teórica como á parte práctica da materia. 25 A1
A2
A5
B1
B7
B8
B9
C8
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Realización individual de tres supostos prácticos ao longo do curso. 60 A1
A2
A3
A4
A5
B5
B7
B8
B9
C5
C8
C13
Estudo de casos/análise de situacións Realización escrita e/ou presentación oral de exercicios. Ao longo do curso presentaránselles aos alumnos uno ou varios exercicios teóricos ou prácticos, que deberán resolver en horas non presenciais. Estes exercicios serán presentados ao profesor de maneira escrita e/ou oral. 15 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B5
B6
B7
B8
B9
B10
C8
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
Que puntuación é necesaria para superar a materia en avaliación continua?

Para superar a materia é necesario obter polo menos 5 puntos sobre 10 na suma das tres metodoloxías de avaliación. Ademais, debe alcanzarse polo menos un 2,5 sobre 10 en cada unha do
tres metodoloxías. No momento en que o alumno incumpra este último requisito en calquera das metodoloxías, non poderá continuar sendo avaliado en avaliación continua, e a súa nota final de avaliación continua será a suma das notas parciais obtidas ata ese momento. Se dita suma é igual ou superior ao 5, a nota final será un 4,9.

Quen debe presentarse ao exame final?

O exame final non forma parte da avaliación continua. Por tanto, poderán presentarse ao mesmo os alumnos que non superen a materia por avaliación continua e os que non participasen na mesma. Os alumnos que superasen a avaliación continua teñen tamén a opción de presentarse para subir nota.

En que consiste o exame final?

O exame final incluirá probas similares ás de avaliación continua, e para superalo deberá obterse polo menos un 5 sobre 10. A cualificación
obtida no exame final constituirá a nota final da materia para todos os que se presenten ao mesmo, e constituirá o 100% da
nota da materia.

Quen figurará nas actas como non presentado?

Figurarán como non presentados aqueles alumnos que non se presenten a ningún parcial ("Probas de resposta longa, de desenvolvemento"), nin ao exame final.

Como é a segunda convocatoria?

A segunda convocatoria consistirá nun exame final similar ao da primeira convocatoria. Non se gardará ningunha das notas obtidas na primeira convocatoria.

Cando terán lugar as diferentes probas avaliables?

As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Centro para o curso 2015-2016.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000